Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medra a preocupación polas verteduras da depuradora de Santiago ao río Sar

Medra a preocupación polas verteduras da depuradora de Santiago ao río Sar

Augas de Galicia analiza o último episodio e sospeita que ten a mesma orixe que os anteriores

O Concello de Ames manifesta a súa preocupación e pide solucións e colaboración entre as administracións

G24.gal 06/11/2025 14:21

Os episodios das últimas verteduras no río Sar no tramo entre Silvouta e Bertamiráns preocupan o Concello de Ames, que pide solucións ao problema. Santiago non propón solucións a curto prazo pero recoñece a precariedade contractual da xestión da auga e defende un novo modelo para o futuro.

As verteduras no río Sar foron motivo de confrontación no pleno da corporación. Os populares votan en falta explicacións e medidas para solucionar o problema. 

Augas de Galicia destaca que os resultados das mostras dos incidentes anteriores apuntan a fallos da depuradora. Polo momento, extremou o control sobre o río ata que cesen as incidencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos