Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan dous anciáns desaparecidos na provincia de Lugo

Buscan dous anciáns desaparecidos na provincia de Lugo

No Saviñao, tres patrullas da Garda Civil, familiares e veciños da zona buscan un ancián de 94 anos

Sen pistas da octoxenaria desaparecida desde este mércores en Lugo

Imaxe da octoxenaria desaparecida en Lugo Imaxe da octoxenaria desaparecida en Lugo
G24.gal 10/07/2025 19:48

Os servizos de emerxencias, coordinados pola Policía Nacional e a Garda Civil, buscan dous anciáns desaparecidos na provincia de Lugo, unha muller de 85 anos na capital lucense e un home de 94 no municipio do Saviñao, na zona sur.

Na cidade búscase a unha anciá que falta desde o martes pola tarde, cando saíu pasear e non regresou ao seu domicilio no barrio de Fingoi.

A muller foi vista por última vez na avenida da Coruña e na zona norte da cidade é onde se está centrando un dispositivo de busca, no que participan decenas de voluntarios baixo a coordinación de axentes da Policía Nacional.

No Saviñao, tres patrullas da Garda Civil, familiares e veciños da zona buscan a un ancián de 94 anos de idade que tiña que regresar á casa sobre as catro da tarde deste xoves, pero non chegou ao seu domicilio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade