Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colas de máis de medio quilómetro para visitar en Ferrol o buque escola Juan Sebastián de Elcano

Colas de máis de medio quilómetro para visitar en Ferrol o buque escola Juan Sebastián de Elcano

Dúas xornadas de portas abertas para ver o buque escola no que se forman os gardamariñas, incluída a princesa Leonor

Desde primeira hora da tarde formáronse longas colas visitar o buque escola
G24.gal 10/07/2025 21:24

Desde moito antes de que empezase oficialmente a hora das visitas para o público xeral, ás 15.00 horas, a dársena do peirao de Curuxeiras de Ferrol acolleu colas de ata medio quilómetro de persoas que querían ver por dentro o Juan Sebastián de Elcano, o barco no que a princesa Leonor realiza o seu periplo de instrución coa Armada.

Visitantes procedentes de toda a comarca, de Galicia e mesmo de fóra da comunidade autónoma non dubidaron en aproveitar a oportunidade das dúas xornadas de portas abertas para ver o buque escola no que se forman os gardamariñas.

Este é a 97º singradura de instrución e desde o ano 2013 non se deixaba ver por Ferrol. Ademais, o feito de que a bordo se atope a herdeira ao trono de España multiplica o interese por visitalo.

Desta forma, houbo esperas de ata dúas horas que algúns dos asistentes, moitas familias enteiras, con fillos e avós, daban por ben empregadas.

"É un barco precioso", dicía esta tarde unha muller procedente dunha localidade do interior de Galicia que agardaba a súa quenda, que desexaba ver a princesa Leonor.

As visitas continuarán este venres As visitas continuarán este venres

Aínda que houbo algúns cidadáns que planearon a visita practicamente a última hora, outros, como un mozo co seu pai da provincia de Lugo, previra o desprazamento a Ferrol hai semanas. "Gústame todo o relacionado co mundo da Mariña e esta é unha oportunidade", detallou.

O tempo acompañou e, sen as altas temperaturas da xornada anterior, moitos cambiaron a praia pola zona portuaria. Este venres o barco volverá estar aberto no mesmo horario, de 15.00 a 22.00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade