Contido con Temática .
Deportes

O alcalde de Vigo dá por feito que a cidade "é sede do Mundial" tras a renuncia de Málaga
14/07/2025 17:56
Vigo, que se atopaba no duodécimo lugar na lista pasaría, por puntuación, a estar automaticamente entre as once elixidas

Jéssica Bouzas estréase por primeira vez no 'top' 50 mundial
14/07/2025 16:16
O día 24 do próximo mes xogará o Us Open, o seu cuarto Grand Slam da tempada

O novo proxecto do Pontevedra comeza o seu camiño na Primeira Federación
14/07/2025 15:47
O conxunto granate, con Rubén Domínguez á fronte, comezou a pretemporada con 21 xogadores e un cadro de xogadores aínda por completarse

O Dépor Abanca inicia con ambición o seu segundo ano na liga F: "O obxectivo é superarnos"
14/07/2025 15:32
Comezan 28 xogadoras, con tres internacionais fóra que xa estarán o mércores

Luismi Cruz di que o Dépor é "o sitio ideal" para seguir crecendo como futbolista
14/07/2025 13:31
Confesa que o que máis o atraeu do conxunto branquiazul foi “a ambición” que lle transmitiron “por facer as cousas ben”

A brasileira Isabela Rodrigues pecha a portería do Porriño
14/07/2025 12:37
Chega ao equipo dirixido por Isma Martínez para suplir a baixa da arxentina Fátima Ayelén e compartirá posición con Ana Palomino

Gabriel Marcelli logra a primeira vitoria da súa carreira no Mundial
14/07/2025 11:47
O piloto de trial do Rosal superou o seu compañeiro de equipo e gran dominador da disciplina, Toni Bou

Carlos Alcaraz perde a final de Wimbledon diante de Jannik Sinner por 4-6, 6-4, 6-4 e 6-4
13/07/2025 19:57
O italiano imponse en 4 sets e vinga a derrota da recente final de Roland Garros
Alcaraz non pode culminar o reto de gañar wimbledon tres anos seguidos

O martes comeza contra o Famalicão a pretemporada do Celta, que veremos íntegra na TVG
13/07/2025 15:18

Coenen arrasa no GP de Finlandia, mentres Rubén Fernández suma un 6º e un abandono
13/07/2025 14:26
O galego pelexou con Febvre ata a mesma liña de chegada polo 5º posto na primeira quenda
Na segunda tivo problemas e acabou abandonando, mentres Coenen volvía gañar e quedaba a 15 puntos de Febvre

Ares colle vantaxe e Cabo sae do descenso na fin de semana ACT
13/07/2025 14:07
Ares brillou o sábado na baía da Concha nun mal día de Cabo
O domingo non puido repetir a actuación, pero os de Boiro saíron da última praza

David Castro estréase na Europa League co Celje
12/07/2025 16:47

Martín de la Puente, campión de dobres en Wimbledon xunto a Spaargaren
12/07/2025 15:11
O vigués e o neerlandés impuxéronse na final a Reid e Hewett por 7-6 e 7-5
É o segundo Grand Slam en dobres para De la Puente, que xa gañara o US Open

Luismi Cruz xa se adestra en Abegondo cos seus novos compañeiros do Deportivo
12/07/2025 14:57

España asina o pleno de vitorias contra Italia (1-3) e pasa como primeira aos cuartos da Eurocopa
11/07/2025 22:52
Athenea liderou a remonta das de Montse Tomé, despois de que se adiantara Italia
Esther redondeou un triunfo que clasifica a España para o cuartos de final
A rival será a selección anfitrioa, Suíza, o venres vindeiro

Luismi Cruz, terceira fichaxe do Deportivo
11/07/2025 22:20
O Deportivo fixo pública a última hora deste serán a fichaxe do extremo esquerdo ata 2029

Carlos Alcaraz alcanza a súa terceira final consecutiva en Wimbledon
11/07/2025 19:06
O murciano desfíxose de Taylor Fritz, número cinco do mundo, en catro sets
Buscará o seu terceiro título na herba londiniense o domingo
O seu rival será Jannik Sinner, que derrotou a Djokovic por 6-3, 6-3 e 6-4, repetindo a final do último Roland Garros

Yoel Lago: "O meu carácter faime mellor xogador"
11/07/2025 15:27
O Celta escenificou este venres a ampliación de contrato de Yoel Lago ata 2029

O Celta negocia co Leganés por Juan Cruz, extremo esquerdo arxentino
11/07/2025 14:06
O Leganés pagou un millón de euros ao Betis polo traspaso

O Celta inicia a segunda fase da súa factoría do deporte, o proxecto Celta360
11/07/2025 13:43
O complexo albergará un miniestadio, cinco novos campos de adestramento para os equipos xuvenís e cadetes do Celta e As Celtas, un Centro de Formación e unha residencia

Martín de la Puente estará na final de dobres en Wimbledon, pero non puido meterse na individual
11/07/2025 13:10
O británico Alfie Hewett, que xa lle gañara a final en 2024, pechoulle o camiño do partido polo título
En dobres si estará na final xunto a Ruben Spargaaren

Villares "quere dar un pasiño adiante" como o equipo
11/07/2025 11:56
Preguntado directamente polo ascenso, evitou pronunciar sequera esta palabra, do mesmo xeito que xa fixera Antonio Hidalgo

Tito Díaz analiza o novo Breogán, que a estas alturas xa pechou o cadro de xogadores
11/07/2025 11:23
Hai seis novidades e un orzamento que se chegará aos catro millóns e medio de euros

O Celta comeza as obras de GS360
10/07/2025 21:32
O club vai cumprir un vello desexo da presidencia contruíndo unha gran cidade do deporte
As obras durarán tres anos e o Celta investirá 110 millóns de euros

Martín de la Puente clasifícase ás semifinais de Wimbledon
10/07/2025 14:30
O vigués, terceiro cabeza de serie do torneo, está a un partido de repetir a final que xa logrou o ano pasado

Pablo Vázquez cambia o Deportivo polo Sporting
10/07/2025 14:01
O club traspasa ao central, que aos seus 30 anos tiña unha tempada máis de contrato

O exbreoganista Ben McLemore, condenado a oito anos e catro meses de cárcere
10/07/2025 12:09
Un xulgado de Oregón declarouno culpable de violación e agresión sexual

O Básquet Coruña ficha o base brasileiro Caio Pacheco
10/07/2025 11:22
Procede do Tizona Burgos, co que disputou as últimas dúas campañas de Primeira FEB, e asina por unha tempada

O Real Madrid cae ante un País Saint-Germain superior (4-0) e queda fóra da final do Mundial
09/07/2025 22:59
Os erros defensivos castigaron o conxunto branco, que xa perdía 3-0 antes da media hora
O París Saint-Germain buscará o título mundial contra o Chelsea na final

Carles Pérez, cedido ao Aris Salónica con opción de compra
09/07/2025 18:02
A Carles Pérez aínda lle restan dous anos de contrato co Celta

Unha modificación estatutaria circunscribe o Dépor exclusivamente ao ámbito do fútbol
09/07/2025 17:18
A entidade acolleu seccións de hóckey, baloncesto, rugby, boxeo, balonmán, natación, tenis ou xadrez, pero a que máis sona tivo foi a de atletismo

Arévalo e Germade, apoiados pola Xunta, denuncian a súa "indefensión" ante a Federación
09/07/2025 16:56
A Rodrigo Germade apartárono do K-4 500
A Carlos Arévalo impídenlle compaxinar a disputa do K-4 co K-1 200 metros aínda que conseguiu a clasificación

Radu: "Aspas é mellor na vida real que no FIFA"
09/07/2025 16:24
O exporteiro do Venezia, que asinou un contrato ata xuño de 2029 coa entidade celeste, non se ve por diante de Iván Villar e Marc Vidal

Carlo Ancelotti, condenado a 1 ano de prisión por fraude
09/07/2025 16:14
Foi condenado por un delito no exercicio fiscal do ano 2014, pero absolto doutro no ano 2015
Ademais debera aboar unha multa de 386.361,93€

Obrador confirma que non regresará ao Deportivo
09/07/2025 13:48
O Dépor desexaba prolongar a súa cesión en Riazor, pero finalmente todo apunta a que Obrador xogará no Benfica, co que o Real Madrid xa chegou a un principio de acordo para o seu traspaso

A TVG retransmitirá toda a pretemporada da volta do Celta a Europa
09/07/2025 11:34
De Afouteza a Birmingham, a TVG e Agalega.gal acompañan o novo EuroCelta na súa xira de pretemporada cara ao soño europeo
Os partidos na TVG serán en ultra alta definición e tamén poderán verse a través de AGalega,gal para todo o mundo

João Pedro, heroe da clasificación do Chelsea para a final do Mundial contra o Fluminense
08/07/2025 22:40
O brasileiro marcou dous golazos diante do seu exequipo para asegurar a clasificación
O rival do Chelsea na final será o Real Madrid ou o PSG, que xogan o mércores

Carlos Alcaraz métese nas semifinais de Wimbledon pola vía rápida
08/07/2025 20:53
O murciano derrotou a Cameron Norrie (6-2, 6-3 e 6-3) nunha hora e 39 minutos
Nas semifinais xogará contra o estadounidense Taylor Fritz

José Amo, nova incorporación do Lugo
08/07/2025 18:23
Asina por unha tempada con opcións a unha segunda
Disputou a última tempada co Tenerife

O Básquet Coruña anuncia a baixa de Trey Thompkins
08/07/2025 15:52
Trey foi o MVP da tempada da estrea do Leyma na ACB