Cargando resultados...
Pablo Vázquez cambia o Deportivo polo Sporting
O club traspasa ao central, que aos seus 30 anos tiña unha tempada máis de contrato

G24.gal
10/07/2025 14:01
Última actualización 10/07/2025 14:09
En xullo do 2023, o Deportivo leva a cabo unha reestruturación do cadro de xogadores tras caer en Castelló e elixe a Pablo Vázquez, procedente do Cartaxena, para reforzar a zaga. Dous veráns despois, a historia chega á súa fin.
O central cumpriu no Dépor e foi un dos piares no regreso branquiazul a Segunda División, mostrando na segunda metade da tempada un nivel excelente, o que provocou que a dirección deportiva volvese confiar nel para a división de prata.
O futbolista valenciano asinou na Coruña un contrato de tres tempadas, pero volverá cambiar de equipo sen enlazar máis de dous cursos consecutivos.