España asina o pleno de vitorias contra Italia (1-3) e pasa como primeira aos cuartos da Eurocopa
Athenea liderou a remonta das de Montse Tomé, despois de que se adiantara Italia
Esther redondeou un triunfo que clasifica a España para o cuartos de final
A rival será a selección anfitrioa, Suíza, o venres vindeiro

España xogaba contra Italia o liderado do Grupo B nunha última xornad á que chegaba xa clasificada para os cuartos de final da Eurocopa de Suíza despois dos dous primeiros triunfos.
O partido complicouse contra unha Italia que sempre lles resulta incómodas ás españolas. Volveuno facer aos dez minutos, despois dunha mellor saída ao campo. Oliviero plasmaba esa superioridade no marcador co 1-0.
Pero España non se veu abaixo co gol, e apareceu Athenea para darlle a volta á dinámica do encontro. A cántabra marcou un golazo aos 14 minutos que igualaba o choque, e volvía colocar 1ª á vixente campioa do mundo e da Liga das Nacións.
Nada máisd volver dos vestiarios, outra gran xogada de Athenea permitíalle a Patri Guijarro marcar o 1-2 cun remate axustado logo dun despexe defectuoso dunha rival
Italia intentou levantar o resultado, e gozou de boas ocasións, pero tocou dufrir e o tanto da igualada non chegou. E no minuto 91, chegaba o gol da sentenza. Levou a signatura de Esther González.
É a primeira vez que España asina un pleno de vitorias nun gran torneo, o que lle permite pasar como primeira de Grupo e citarse coa anfitrioa, Suíza, nun encontro que se vai disputar o venres 18, tamén en Berna.