Novas
Contido con Temática .
Economía

Facenda xa efectuou un 13 % máis de devolucións de Renda ca o ano pasado
27/05/2023 14:22
A Axencia Tributaria atenderá presencialmente con cita previa desde o día 1 ata o 30 de xuño
As vías telefónica e telemática seguen abertas para os que prefiran esas opcións, cada vez máis usadas

Medio Rural acorda cos viticultores do Ribeiro combater os danos da fauna salvaxe
26/05/2023 20:08
Nalgunhas parcelas está en risco ata o 40% da produción de uva
Vanse acometer batidas e deslocalizacións de mandas de corzo e xabaril

Polémica polas caixas na rúa coas chaves dos pisos turísticos
26/05/2023 16:20
A irregularidade reside en que se colocan en elementos públicos, como farois ou baixantes

Os gandeiros de Ternera Gallega Suprema protestan ante a Deputación de Lugo
26/05/2023 16:09
Mobilízanse para instar o Ministerio de Agricultura a cambiar os criterios de repartición das axudas pola seca

A posible fin das granxas de polos de crecemento rápido pon en alerta os produtores
26/05/2023 16:08
O sector cre que as explotacións non serían rendibles e o prezo da carne dispararíase se teñen que deixar de producir polos que están listos para ser sacrificados aos 45 ou 50 días de nacer

A chegada da alta velocidade a Galicia segue sendo unha incógnita
26/05/2023 14:40
Talgo confirmou que comezará a entregar os trens Avril no mes de novembro, pero di que a posta en servizo será gradual
Empresarios e sector turístico lamentan a demora da chegada da alta velocidade a toda Galicia

A sementeira de millo acada cifras récord
26/05/2023 13:51
A súa rendibilidade e o incremento do prezo dos pensos fai que cada ano aumente nun 2 % a superficie de cultivo
A campaña deste ano comezou cedo, en abril, e prevén rematala na vindeira semana

Un sistema de guiado por láser, opción elixida para o problema coa néboa na A-8
26/05/2023 13:30
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, di que “constataron melloras na visibilidade de ata douscentos metros"
O sistema permite “aos condutores ver os límites da calzada" e advirte "sobre a existencia de obstáculos"

Un accidente entre dous camións bloqueou durante máis de dúas horas a circulación en Pedrafita
26/05/2023 10:24
Tráfico logrou abrir un paso alternativo para evitar o colapso do tránsito de entrada e saída de Galicia ata que xa se logrou recuperar a normalidade na N-VI
A vía emprégase como desvío desde a derruba hai máis dun ano do viaduto do Castro na Autovía do Noroeste

Manifestación dos traballadores de Navantia para pedir un novo convenio colectivo
25/05/2023 16:49
O comité de empresa reclama que o Goberno cumpra o compromiso de transformación do asteleiro