A Xunta financia prácticas tuteladas no estranxeiro para alumnos de Acuicultura
A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, di que se trata dun sector estratéxico para Galicia que demanda profesionais formados
Paro os mozos que decidan orientar a súa formación cara ao sector do Mar, a Xunta de Galicia impulsa iniciativas para completar os estudos no estranxeiro. A conselleira do Mar asinou un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para que os alumnos do Instituto Galego de Acuicultura poidan realizar prácticas tuteladas noutros países.
"É un sector estratéxico para Galicia e desde a Xunta investimos para que cada vez teña mellor capital humano, mellor formado e que se convertan en profesionais que se poidan incorporar a acuicultura e o sector da pesca de Galicia", explica a conselleira do Mar, Marta Villaverde.