Publicador de contidos

Publicador de contidos

A multinacional de acuicultura Stolt Sea Farm amplía as súas instalacións de Cervo

A multinacional de acuicultura Stolt Sea Farm amplía as súas instalacións de Cervo

Colocaron a primeira pedra da nova nave e inauguraron un criadeiro de linguado para abastecer as 17 plantas que teñen en Europa

A Xunta apoia con máis de 13 millóns de euros os proxectos de ampliación da compañía 

Alfonso Rueda visitou a factoria da Mariña. EFE
G24.gal 07/07/2026 17:23

Stolt Sea Farm inaugura criadeiro de linguado en Cervo, con capacidade para producir ata 10 millóns de crías que abastecerán as dezasete plantas que teñen en Europa, entre España, Francia ou Islandia. Di a multinacional norueguesa que este investimento é mostra da súa aposta pola alta acuicultura e por Galicia.

Aposta que fan tamén cunha nova planta para producir linguado de sete mil metros cadrados, que duplicará a capacidade actual das súas instalacións en Cervo desta especie.

Alfonso Rueda agradeceu a confianza de Stolt Sea Farm por Galicia. A Xunta apoia con máis de 13 millóns de euros os proxectos de ampliación da compañía en varias locadidades de Galicia. O presidente da Xunta recoñeceu o "compromiso real" da compañía e o seu "ritmo de crecemento extraordinario".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade