Publicador de contidos

Publicador de contidos

Problemas circulatorios en Oroso polas obras de asfaltado na N-550

Problemas circulatorios en Oroso polas obras de asfaltado na N-550

Mellora a situación despois do quilométrico atasco vivido este luns en Sigüeiro

Os usuarios din que é unha obra moi necesaria, pero lamentan a falta de información previa

 

G24.gal 08/07/2025 14:30

Máis dunha hora de retención e centos de condutores atrapados nun cola quilométrica. Iso foi o que atoparon os condutores que este luns querían acceder á Sigüeiro, a capital de Oroso.

"Era moito, quilómetros de cola, non daban avanzado"

"Todos os meus empregados chegaron tarde por culpa do atasco"

"Onte a retención foi dunha hora e o venres tamén fora fatal. Esta obra tiñan que facela de noite, é unha estrada nacional con moito tráfico e moitos negocios afectados"

As obras de mellora no firme na Nacional 550 colapsaron o tráfico da localidade nunha xornada de caos circulatorio.

"Eu vou en bus ao traballo na Coruña e onte non pasou, estaban as obras na rotonda, todo colapsado, e creo que non pasou en todo o día"

"Estes días foi impresionante o tráfico e o tempo perdido na estrada, pero é para un beneficio, así que ben"

As retencións continúan este nartes, pero o tráfico e moito máis fluído porque as obras xa non están no centro e moitos condutores decidiron buscar vías alternativas. Todos coinciden en que as actuacións eran moi necesarias, pero moitos quéixanse de que os colleron por sorpresa.

 "Levabamos dez anos sen que tocaran nada. Había pozas que podías facer unha piscina" 

"Eran moi necesarias, deixabas as rodas nos buratos"

"Si, pero eu non vin un só cartel ou aviso dicindo que comezaban as obras, nin que non ía funcionar o bus"

"Foi un cristo, pero as obras son necesarias"

As obras, que comezaron a pasada semana, tamén se están a notar no tráfico da estrada que conecta co aeroporto. Así que cómpre ter un plus de previsión e paciencia ao atravesar a Nacional 550, en Oroso, pero tamén no Milladoiro, en Ames, onde continúan os traballos de humanización desta mesma vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade