Novas

O Real Madrid cae diante dun País Saint Germain superior (4-0) e queda fóra da final do Mundial
09/07/2025 22:59
Os erros defensivos castigaron ao conxunto branco, que xa perdía 3-0 antes da media hora
O París Saint Germain buscará o título mundial contra o Chelsea na final

Repiten as brétemas e comeza refrescar
09/07/2025 22:00

Camps anuncia que quere volver liderar o PP da Comunidade Valenciana
09/07/2025 21:55
O expresidente da Generalitat pide lealdade aos actuais dirixentes e proclama que nunca deixou de ser fiel ao partido
Critica a súa ausencia no último Congreso extraordinario e reivindica o seu papel histórico na formación

Arranca en Ortigueira o Festival Internacional do Mundo Celta
09/07/2025 21:17
Alfonso Rueda participou na inauguración do certame e púxoo como exemplo da Galicia aberta e orgullosa das súas raíces
Gwendal, Bottine Souriante, de Canadá ou a emblemática formación galega Milladoiro, algúns dos grandes protagonistas
Este ano conmemórase o medio século de vida da escola de gaitas de Ortigueira e os 30 anos da recuperación do festival

Comeza a venderse a Lotería de Nadal, sobre todo a turistas e peregrinos
09/07/2025 21:14
Os visitantes adoitan mercar os décimos en locais hostaleiros, onde en moitos casos xa esgotaron a primeira remesa

Localizado un home de 83 anos desaparecido en Betanzos
09/07/2025 21:08
Estaba nunha leira próxima ao seu domicilio, de modo que foi trasladado para recibir atención médica
O home estaba consciente, presentaba desorientación e diversas lesións, principalmente rabuñaduras e pequenas feridas

09/07/2025 20:37
Entre os asinantes están os galegos Luis Tosar e Oliver Laxe, así como outros actores, xornalistas ou músicos

Modas e supervendas nos complementos de praia
09/07/2025 20:35
A cadeira de praia segue a ser un éxito tamén entre os rapaces máis novos

09/07/2025 20:32

Deteñen outras seis persoas implicadas na pelexa mortal entre dúas familias en Ribeira
09/07/2025 19:52
Os axentes sospeitan que un dos arrestados foi o responsable do primeiro atropelo que sufriu a vítima mortal da liorta
Xa son unha ducia as persoas detidas

Centos de persoas despiden ao sindicalista galego Suso Díaz
09/07/2025 19:35
No evento remarcouse a figura do falecido e afeccións coma a da música para rendirlle homenaxe

Buscan unha muller de 85 anos desaparecida en Lugo
09/07/2025 19:08
Cren que se dirixía ao barrio de Garabolos e puido desorientarse
Vírona por última vez nunha froitería da avenida da Coruña

O Concello da Coruña pasa á acción, e os donos dos cans que non limpen serán sancionados
09/07/2025 18:51
A Policía Local xa está intensificando a vixilancia, incluso actuando de paisano. As sancións poden ir dos 100 aos 500 euros

A Xunta investirá máis dun millón nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume
09/07/2025 18:41
O importe da licitación é de 940.000 euros, aos que se suman 120.000 euros máis dos estudos ambientais previos e 235.000 do programa de vixilancia ambiental
A conselleira do Mar avanzou que nos próximos días Portos de Galicia licitará tamén as obras da dragaxe de mantemento do porto de Cariño

O Supremo equipara homes e mulleres na redución da brecha de xénero
09/07/2025 18:24
Establece que os requisitos para este complemento deben satisfacer os homes e as mulleres nas mesmas condicións
Analiza un caso no que se lle denega o complemento a un home que non cumpría os requisitos do seu xénero

Carles Pérez, cedido ao Aris Salónica con opción de compra
09/07/2025 18:02
A Carles Pérez aínda lle restan dous anos de contrato co Celta

Case un cuarto dos universitarios españois están afectados polo subemprego
09/07/2025 17:53
O 80 % dos titulados en Criminoloxía e Turismo rematan en traballos moi diferentes
Crece a opción das FP en Galicia, con 9 de cada 10 alumnos que encontran traballo directo

Falece un home de 66 anos nun accidente de tráfico en Castro de Rei
09/07/2025 17:31
O suceso ocorreu na estrada de acceso ao castro de Viladonga

Unha modificación estatutaria circunscribe o Dépor exclusivamente ao ámbito do fútbol
09/07/2025 17:18
A entidade acolleu seccións de hóckey, baloncesto, rugby, boxeo, balonmán, natación, tenis ou xadrez, pero a que máis sona tivo foi a de atletismo

Arévalo e Germade, apoiados pola Xunta, denuncian a súa "indefensión" ante a Federación
09/07/2025 16:56
A Rodrigo Germade apartárono do K-4 500
A Carlos Arévalo impídenlle compaxinar a disputa do K-4 co K-1 200 metros aínda que conseguiu a clasificación

09/07/2025 16:29

Radu: "Aspas é mellor na vida real que no FIFA"
09/07/2025 16:24
O exporteiro do Venezia, que asinou un contrato ata xuño de 2029 coa entidade celeste, non se ve por diante de Iván Villar e Marc Vidal

Carlo Ancelotti, condenado a 1 ano de prisión por fraude
09/07/2025 16:14
Foi condenado por un delito no exercicio fiscal do ano 2014, pero absolto doutro no ano 2015
Ademais debera aboar unha multa de 386.361,93€

Multas de ata 600 euros en Sanxenxo por deixar a bolsa do lixo fóra do colector
09/07/2025 15:56
A policía revisará as bolsas para atopar os infractores

León XIV ofrece O Vaticano como sede para negociar a paz entre Ucraína e Rusia
09/07/2025 15:42
O papa recibiu a Zelenski en Castel Gandolfo e pediu un diálogo duradeiro
O encontro coincide co maior ataque ruso nun só día desde 2022

Sánchez reitera que España non debe gastar o 5% en defensa e Feijóo di que é un "farsante"
09/07/2025 15:30
Di que non fará que España estea máis protexida senón que obrigaría a "malgastar" máis diñeiro dos contribuíntes, a subir impostos e a recortes nos servizos
Feijóo di que Pedro Sánchez fixo o seu "maior ridículo internacional desde hai anos"
Sumar esixe a Sánchez "firmeza" para manter o rexeitamento para subir o gasto militar

Detido un prófugo da xustiza que transportaba dez quilos de haxix en Marín
09/07/2025 15:13
O home foi detido mentres portaba varios paquetes de un quilo de haxix
Xa tiña unha orde de entrada en prisión en vigor por un delito de violencia de xénero

A ruta Queztal fai meta no Obradoiro
09/07/2025 14:31
Os 200 membros da expedición percorreron treitos de distintos camiños a Santiago en réxime de campaña

'Especies varadas': unha obra artística para sensibilizar no coidado da natureza
09/07/2025 14:08
O artista vilagarcián Sergio Ordóñez exhibe nunha mostra reivindicativa unha vintena de pezas creadas a partir de lixo tirado ao río e ao mar

Obrador confirma que non regresará ao Deportivo
09/07/2025 13:48
O Dépor desexaba prolongar a súa cesión en Riazor, pero finalmente todo apunta a que Obrador xogará no Benfica, co que o Real Madrid xa chegou a un principio de acordo para o seu traspaso

09/07/2025 13:16
En Galicia, trátase da undécima festa con esta distinción

Dous feridos e catro identificados nunha nova pelexa en Santa Cristina, Oleiros
09/07/2025 13:15
Tras prestar declaración, quedaron en liberdade
Na zona din que episodios como o desta madrugada se repiten con frecuencia

09/07/2025 12:40
O líder do PP dille ao presidente do Goberno que confese todo o que sabe e devolva o botín
Sumar pide medidas transformadoras da sociedade, mentres que ERC di que se a corrupción escala forzará eleccións
Rueda pide eleccións e advírtelle á oposición: "Forman parte da orquestra do Titanic e afundiranse"
BNG: "Queremos contundencia contra a corrupción e que cumpran con Galiza"

Acepta oito anos de cárcere por matar a seu pai dun disparo na cabeza en Guntín
09/07/2025 12:38
O home, que recoñeceu os feitos nunha vista de conformidade, deberá estar outros cincos anos en liberdade vixiada
O parricida non poderá portar armas durante outros dez anos

Un convenio da Xunta habilitará 200 gasolineiras do rural para retirar cartos en efectivo
09/07/2025 12:29
Poderán optar os concellos galegos con menos de 20.000 habitantes sen caixeiro
É unha medida que ten por obxectivo frear o despoboamento do rural

Os Franco aceptan devolver de forma inmediata as estatuas do Mestre Mateo a Santiago
09/07/2025 12:22
O avogado da familia do ditador aclara nunha carta que van cumprir a sentenza de maneira voluntaria e de maneira total

A policía rexistra a sede do partido de Le Pen por sospeitas de financiamento ilegal
09/07/2025 12:16
A investigación apunta a irregularidades no financiamento das campañas electorais
No partido cualifican a operación como unha manobra de acoso

Cortado parcialmente o tráfico en Mos polo incendio dun vehículo
09/07/2025 12:16
Desprazáronse ata o lugar axentes da Garda Civil de Tráfico do Porriño e unha patrulla de seguridade cidadá

Condenado a 28 anos de cárcere o acusado de violar e matar a Elisa Abruñedo
09/07/2025 12:02
Roger Serafín deberá indemnizar os dous fillos da vítima con 150.000 e 110.000 euros
O Tribunal do Xurado considerou acreditada a aleivosía e o ánimo de matar

A TVG retransmitirá toda a pretemporada da volta do Celta a Europa
09/07/2025 11:34
De Afouteza a Birmingham, a TVG e Agalega.gal acompañan o novo EuroCelta na súa xira de pretemporada cara ao soño europeo
Os partidos na TVG serán en ultra alta definición e tamén poderán verse a través de AGalega,gal para todo o mundo