Publicador de contidos

Publicador de contidos

Más de 1.200 personalidades da cultura presentan unha carta a Sánchez para o "embargo integral" de armas a Israel

Más de 1.200 personalidades da cultura presentan unha carta a Sánchez para o "embargo integral" de armas a Israel

Entre os asinantes están os galegos Luís Tosar e Oliver Laxe, así como outros actores, xornalistas ou músicos

G24.gal 09/07/2025 20:37

Más de 1.200 profesionais do ámbito cultural asinaron unha carta dirixida ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na que esixen que España decrete "de forma inmediata" un "embargo integral" de armas e material de defensa a Israel pola súa ofensiva na Franxa de Gaza.

A misiva está asinada por caras recoñecidas da cultura como os actores Luís Tosar e Carlos Bardem; as actrices Alba Flores, Elena Anaya e Victoria Luengo; o cantante e compositor Rodrigo Cuevas; as comunicadoras Cristina Saavedra e Inés Hernand; e o director de cinema Rodrigo Sorogoyen, entre outros.

A carta será presentada publicamente o luns 14 de xullo nun acto no Teatro do Barrio de Madrid convocado pola Campaña Fin ao Comercio de Armas con Israel, que agrupa máis de 600 organizacións da sociedade civil.

Tras unha breve intervención da campaña, terá lugar unha lectura colectiva do texto coa participación de artistas e personalidades como Nathalie Poza, Luís Tosar, Carmen Asecas, Guillermo Solaina, Javier Fesser, Ana Wagener, Carlos Bardem, Rocío Saíz, María Botto e Oliver Laxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade