Novas

O número de falecidos en Texas polas inundacións sobe a 82
07/07/2025 08:55
Estímase que hai máis de 40 desaparecidos aínda por localizar

Nordestadas fortes na Costa da Morte
07/07/2025 08:25

Donald Trump volve bater con Elon Musk, a quen chama "tren descarrilado"
07/07/2025 08:16
O presidente dos Estados Unidos avanza o fracaso dun terceiro partido logo de que o oligarca propietario de Tesla anunciase a intención de crear unha formación política para disputar o espazo a republicanos e demócratas

Alcaraz xa está nos cuartos de final de Wimbledon
06/07/2025 22:42
Superou a Rublev en catro sets e xogará en cuartos contra Norrie
"Xoguei un tenis moi intelixente", dixo Alcaraz tras o partido

Retírase a fronte e regresa o anticiclón
06/07/2025 22:25

Morren dúas persoas ao caer a avioneta na que viaxaban en San José del Valle (Cádiz)
06/07/2025 21:28
A avioneta tiña a súa base na Ina, en Xerez, e partira pola mañá nun voo rutineiro
Dous homes que pescaban nun pantano viron como a avioneta caía e deron a voz de alarma

Trinta adegas participan no festival do viño da Ribeira Sacra
06/07/2025 21:23
Celebrado en Monforte, o evento é unha porta de entrada a este territorio, que destaca pola calidade dos viños e a riqueza natural que atesora

A praia viguesa de Bouzas acolle a campaña solidaria "Móllate pola esclerose"
06/07/2025 21:01
A iniciativa, que comezou no ano 1994 en Cataluña, ten lugar en 900 areais de todo o estado español
Pretende achegar á poboación as características da doenza e recadar fondos para as persoas afectadas
.png)
O Supremo continúa este luns as declaracións do caso Koldo, co foco en Servinabar e Acciona
06/07/2025 21:00
Interroga empresarios imputados polo presunto pago de comisións a Santos Cerdán, Ábalos e Koldo García a cambio de obras públicas

Jon Merino, un lateral para o Lugo
06/07/2025 20:51

O Rácing incorpora a Álvaro Juan
06/07/2025 20:48

Falece un menor tras golpearse golpearse a cabeza nun accidente nun río de León
06/07/2025 20:35
Caera este sábado nunha zona de difícil acceso e tivo que ser evacuado en helicóptero

Setecentas persoas reúnense no Carballiño para visibilizar a discapacidade intelectual
06/07/2025 20:34
A convivencia anual de Special Olympics suma xa 27 edicións

O Gran Fondo Ézaro reuniu a vellas glorias e novos valores nunha festa do ciclismo
06/07/2025 20:25

Norris gaña en Silverstone un Grande Premio marcador pola choiva
06/07/2025 20:21
Alonso rematou no 8º posto e Sáinz no 12º
Primeiro podio para Hulkenberg logo de 239 carreiras

Van del Poel supera a Pogaçar e Vingegaard e é o novo lider do Tour
06/07/2025 20:12

España xoga contra Bélxica o segundo partido da Eurocopa
06/07/2025 20:05
Hai un ano, os dous equipos xogaron en Riazor con vitoria española por 2-0
A pontevedresa Tere Abelleira marcara un espectacular gol naquel partido
España parte como clara favorita neste segundo partido da Europa

Trasladada unha persoa tras arder parte da súa cociña en Culleredo
06/07/2025 19:49
As lapas queimaron unha campá extractora e un moble

Cea exalta o seu pan con 1.600 pezas cocidas ao xeito tradicional
06/07/2025 19:34
Unha fornada de pan de Cea tarda 7 horas en cocerse
É un pan con Indicación Xeográfica Protexida do que se venderon 800.000 unidades o ano pasado

Sánchez testará o apoio dos seus socios no Congreso con máis medidas anticorrupción
06/07/2025 19:31
Desde o Goberno dan por feito que a oposición tachará de insuficiente o plan de choque, pero confían en que os socios as reciban ben

A tradicional rapa das bestas de Sabucedo estréase como ben de interese cultural
06/07/2025 18:12
Esta parroquia estradense de apenas 60 habitantes acolle estes días máis de 20.000 persoas
É unha das festas máis antigas de Galicia, con máis de tres séculos de historia

Morren dous motoristas en senllos accidentes en Riós e Ortigueira
06/07/2025 17:58
O accidente de Riós tivo lugar ao bater contra un turismo na A-52; o sinistro provocou importantes retencións
O segundo motorista faleceu no quilómetro 49 da AC-862, en Ortigueira, tamén logo de colidir con outro vehículo
Sete falecidos e cinco feridos nas estradas españolas esta primeira fin de semana de xullo

O chupinazo dá inicio a nove días de festa nos Sanfermíns de Pamplona
06/07/2025 17:22
As festas contarán con máis de 500 eventos

Taxistas de Vigo denuncian que coches de alugueiro con condutor operan sen licenza
06/07/2025 17:18
O sector asegura que traballaron esta semana de xeito ilegal malia que o concello desestimou 24 solicitudes

Trump adía ao 1 de agosto o restablecemento dos aranceis se non hai acordo comercial
06/07/2025 16:51
O presidente estadounidense informará cada país de que restablecerá as taxas do 2 de abril se non chegan a un pacto

Brillante sexto posto de Ares na Bandeira de Sestao
06/07/2025 16:42
Ares só foi superada polas embarcacións da quenda de honra e Hondarribia
Cabo da Cruz foi o penúltimo e pecha a clasificación da Liga ACT
Orio conseguiu a segunda vitoria en dúas regatas
Arraun Lagunak gaña na categoría feminina logo dun espectacular sprint

O Amfiv precisa cartos para seguir competindo
06/07/2025 16:36
Non puido inscribirse na liga e ten unha prórroga ata o venres
Precisa 60 mil euros para seguir competindo
Ó Amfiv é un referente galego no deporte con discapacidade

Unha fronte deixa nubes e borraxeira no norte
06/07/2025 16:25

Un motorista perde a vida o colidir contra un coche en Ortigueira
06/07/2025 16:13
Os medios sanitarios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista

06/07/2025 15:51
Considerou un erro que na Coruña e en Vigo os novos xulgados de violencia de xénero supoñan a eliminación dos xulgados de instrución
Asegura que é perfectamente respectable a decisión do fiscal xeral do Estado de manterse no cargo

Sumar avisa ao PSOE de que non é suficiente con resistir sen facer nada
06/07/2025 15:41
"Non imos esperar ao PSOE; imos liderar a rexeneración democrática e social que este país merece, con toda a nosa forza", asegura o ministro Urtasun

A idade media chega a Padrón nunha nova edición da súa feira
06/07/2025 15:04
A feira medieval enche as rúas de música, artesanía e obradoiros tradicionais

Na rapa de Candaoso, en Viveiro, córtanlles as crinas a case trescentos cabalos
06/07/2025 14:49
É un auténtico espectáculo no que os homes miden forzas coas bestas para tratar de desparasitalas

Antigos internos do orfanato do mar de Panxón lembran o seu paso polo centro
06/07/2025 14:40
O orfanato Virxe do Mar de Panxón creouse en 1948 para acoller rapaces orfos que perderan o seu pai no mar
Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada
Antigos internos celebran unha xuntanza anual desde hai 44 anos

Alboradas que animan as festas das aldeas desde primeiras horas da mañá
06/07/2025 14:35
En pleno mes de xullo, as festas e romarías invaden cada recuncho de Galicia
En moitas aldeas, conservan a tradición das alboradas
Bandas de música percorren as barriadas para lle dar os bos días á veciñanza

Festa africana en Mazaricos para mellorar a vida en Costa de Marfil
06/07/2025 14:35
A asociación Égueire, con máis dun centenar de socios, ten en marcha varios proxectos no país africano

Pontedeume rememora as súas orixes medievais no XV Feirón dos Andrade
06/07/2025 14:32
Os pasarrúas animaron o mercado e as prazas da vila, que estes días recibe miles de visitantes

Sanxenxo acolleu o espectáculo do balonmán praia
06/07/2025 14:30

Tatuarse no verán require duns coidados específicos para non sufrir infeccións
06/07/2025 14:14
Debe evitarse durante quince días a exposición solar, bañarse no mar e na piscina
Cada vez hai máis xente maior que quere que lle pinten na pel recordos de vida

Os pés están máis expostos no verán e requiren coidados extra
06/07/2025 14:13
Os podólogos aconsellan hidratalos, protexelos do sol e non abusar das chanquetas