Novas
Contido con Temática .
Sucesos

Investigan a morte dunha muller embarazada e do seu fillo de tres anos en Granada
27/05/2023 22:01
A Garda Civil confirmou a morte violenta das vítimas e non se desbota ningunha posibilidade
Os investigadores atoparon restos de sangue e un colchón que intentaron queimar
Un home, que se identificou como parella da muller, chamou o 112 desde as Baleares para avisar dunha entrada forzada no domicilio

A prensa lusa di que a Policía topou probas no Algarve do caso Madeleine
27/05/2023 17:31
Axentes do Reino Unido, Alemaña e Portugal volveron examinar o encoro de Arade, en Silves, rastrexado en 2008
A fiscalía xermana asegura ter indicios sólidos de que Christian Brueckner se desfixo do corpo da menor neste lugar

Atopan os cadáveres dunha muller embarazada e do seu fillo de tres anos en Granada
27/05/2023 15:38
Os bombeiros encontraron os corpos nun domicilio da localidade de Las Gabias
Unha persoa, que se identificou como a parella da falecida, avisou os servizos de emerxencia desde as Illas Baleares de que se estaba a producir un roubo na súa casa
A Garda Civil investiga o sucedido

Trece denuncias a un motorista que tapaba a matrícula coa man para eludir un radar en Cataluña
27/05/2023 13:29
Un radar da estrada entre Matadepera e Sabadell, en Barcelona, captou trece veces nun mes e medio un condutor que tapaba a matrícula mentres pasaba con exceso de velocidade
As sancións ascenden a un total de 3.340 euros e oito puntos do permiso de conducir polo exceso de velocidade, tapar a placa e levala de xeito non regulamentario

Desmantelan en Granada un laboratorio que fabricaba unha alternativa ilegal aos esteroides
27/05/2023 13:11
A Policía e a Garda Civil desartellaron unha banda criminal dedicada a importar, fabricar e distribuír a grande escala SARMS, prohibido en España
Houbo rexistros en Castelló, Madrid e Granada e cinco persoas foron detidas

Deteñen en Portugal o suposto autor de dous roubos con forza en Galicia
27/05/2023 10:56
Os feitos delituosos sucederon durante o verán de 2022 en Fisterra e Zas cando entraron en dúas vivendas

Un menor de 15 anos morre electrocutado ao tocar unha catenaria en Vicálvaro
27/05/2023 09:11
Subira ao teito dun tren de mercadorías estacionado en vía morta

Condenado a 22 anos de cárcere o galego acusado de asasinar a súa muller en Tenerife
26/05/2023 21:27
Deberá facer fronte a unha responsabilidade civil de 100.000 euros cos que deberá indemnizar a cadansúa das súas fillas
Impóñenselle, amáis, dez anos de liberdade vixiada cando remate de cumprir a pensa que lle foi imposta

Denuncia que leva seis meses agardando pola resolución dunha licenza de obra menor
26/05/2023 14:25
O Concello de Vila de Cruces non lle respondeu nos tres meses que marca a lei
A veciña que solicita a licenza tampouco conseguiu lle acreditaran o silencio administrativo e agora pídenlle máis documentación

Veciños do paseo das Pontes, na Coruña, din sentirse atemorizados por un indixente
26/05/2023 13:48
Piden que se actúe axiña e denuncian dúas novas agresións por parte dun home que cualifican como violento