Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos por un intento de roubo nun banco en Santiago

Dous detidos por un intento de roubo nun banco en Santiago

Os ladróns entraron por un burato feito a través do portal do edificio lindeiro, no barrio de Conxo

No momento en que chegou o director da sucursal fuxiron porque chegaba acompañado dun empregado

G24.gal 30/06/2025 12:35 Última actualización 30/06/2025 21:16

Os asaltantes actuaron de noite, seguramente coa axuda dunha maza para facer o burato e coarse no interior da oficina na sucursal bancaria da praza da Mercé, no barrio de Conxo. Polo menos dous homes agardaban ao director da entidade coa idea de reducilo e perpetrar o atraco.

Puideron acceder desde os garaxes ou desde o propio portal con certos sinais de que foi forzada. Actuaron con rapidez e sen facer ruído, xa que ningún dos veciños escoitou nada a pesar de durmir coas fiestras abertas.

"Estamos horrorizados, que unha cousa así suceda no noso portal e nós sen decatarnos. Non escoitamos nada, e iso que tiñamos toda a casa aberta, foi unha noite de durmir mal coa calor, e nada, non nos decatamos", di unha veciña.

Finalmente os delincuentes decidiron abortar o plan ao escoitar que o director chegaba acompañado dun empregado e a oficina permaneceu pechada ao público toda a mañá do luns.

As forzas de seguridade non tardaron moito en detelos na comarca do Salnés e trascendeu que xa estaban a ser vixiados pola policía de Vigo como presuntos autores doutras accións delitivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade