Novas

Julio Iglesias pasará parte do verán en Piñor
12/06/2025 15:05
Os veciños, encantados con ter "un artista dese nivel vivindo entre nós"
O artista anuncia que se instalará coa familia na súa nova casa de Piñor

España conmemora os 40 anos da adhesión á Unión Europea
12/06/2025 15:00
Hai programados actos institucionais para reivindicar catro décadas da maior transformación do pais

Jesús Madriñán: "Migracións e turismo masivo moldean a identidade de moitas partes do mundo".
12/06/2025 14:58
A exposición combina o traballo de Jesús Madriñán, sobre todo da súa serie 'Lanzarote', con fotografías do Museo Etnolóxico
O artista reflexiona sobre as dinámicas de mobilidade na sociedade, explorando como os movementos de persoas afectan un territorio
'Territorios en tránsito: afluencias e influencias', ata o 28 de setembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Euyín Eugene: "É sandadora a idea de pensar nun territorio onde non son home nin muller"
12/06/2025 14:51
'Tuerce' é a proposta de Euyín Eugene, dentro das Residencias Paraíso do Colectivo RPM
Euyín Eugene abandonou Venezuela, onde naceu, en 2016 e actualmente reside en Madrid
Mañá ás oito no Salón Teatro o público ten acceso libre para ver ao resultado da proposta

Rouba dúas veces na mesma noite nun bar que está xusto en fronte da comisaría da Policía de Santiago
12/06/2025 14:50
O ladrón volveu de segundas para tentar levar o caixón de autocobro
Investigan se a proximidade da sede policial incidiu en que non saltaron as alarmas

AENA deixa no aire a posta en marcha da torre de control remota de Peinador
12/06/2025 14:42
A previsión era que a nova sala empezase as probas o día 11, pero non está funcionando
AENA di que é o modelo idóneo para os aeroportos onde o mal tempo complica a visibilidade
Os controladores cren que se reduce a seguridade porque non teñen visión directa do exterior

As festas de Vigo, en risco por falta de autorización para as atraccións
12/06/2025 14:40
Os traballadores do sector acusan o Concello de trabas excesivas
Dende o Concello de Vigo defenden que só esixen o que recolle a lei autonómica

Polémica en Cabanas pola corta de árbores no Piñeiral da Madalena
12/06/2025 14:37
Dende o Concello aseguran que están a cortar as árbores para garantir a seguridade cidadá
Os veciños cren que se fai para ampliar o aparcadoiro

Investigan unha agresión sexual a unha peregrina alemá en Abegondo
12/06/2025 14:35
O suposto agresor é un veciño de Aranga, que foi detido e quedou en liberdade con cargos
Vírano asexando polo albergue de Betanzos máis dunha vez e non descartan outros intentos

A contaminación do encoro das Cunchas chega ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
12/06/2025 14:20
Os veciños acusan os concellos da zona, a Xunta e a Confederación Hidrográfica de vulnerar dereitos fundamentais da poboación ao non tomar medidas contra as cianobacterias
Trátase dunha demanda pioneira a nivel europeo

O melanoma aumenta en toda Europa: en España vanse diagnosticar 10.000 casos este ano
12/06/2025 14:16
O bronceado é un gusto estético pasaxeiro, pero o xeito de conseguilo pode pasar unha factura que paguemos a longo prazo

A piques de rematar a campaña da centola, con resultados satisfactorios para o sector
12/06/2025 14:10
A confraría do Grove alcanza os 70.000 quilos comercializados desde o inicio da campaña, a primeiros de novembro, cando quedan poucos días para que esta especie entre en veda ata novembro

12/06/2025 14:05
"O PSOE debe esixirlle a acta para que a xustiza faga o seu traballo"

12/06/2025 13:59
O presidente do PP non acudirá os actos polos 40 anos da entrada na CEE polo clima político
Di que un primeiro ministro europeo non duraría nin "10 minutos" ante o que están a coñecer

A Xunta lamenta a "desprotección" do gandeiro coa paralización do TSXG do réxime do lobo
12/06/2025 13:58
"Creo que lles falta contexto. A nivel Europa, decidiuse rebaixar a protección, e hai unha semana tamén no Congreso cos votos dos distintos grupos políticos", explicou

As criptomoedas, o xeito de pagamento que aumenta entre as organizacións criminais
12/06/2025 13:58
Organizacións criminais subcontratan partes do ilícito, como o do branqueo de cartos
Entre bandas criminais aumenta o uso de criptomoedas para as operacións ilegais
Aínda hai máis branqueo de cartos en efectivo que en criptodivisas

Chamada á hostalería lucense para que ofreza tapas durante o Arde Lucus
12/06/2025 13:57
O Concello de Lugo e Aphel pídenlles aos hostaleiros un maior esforzo para manter as tradicionais tapas
Algúns establecementos sempre as ofrecen; outros non poden asumilo e preparan petiscos

O CIS dá 7 puntos de vantaxe ao PSOE sobre o PP nunha enquisa feita hai unha semana
12/06/2025 13:53
En maio a distancia entre os dous principais partidos era de só 2,7 puntos, pero os socialistas aumentan agora o seu apoio electoral en 2,3 puntos, mentres o PP perde dous, segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas

Desmantelada unha rede que traía cocaína a Europa desde Costa Rica en contedores de froita
12/06/2025 13:23
Na operación comisaron máis de cinco toneladas de droga e foron detidas 37 persoas, trece delas en España
Escondían a droga en estruturas de caixas de cartón, nos palés, en cargamentos de polpa de iuca conxelada e mesmo simulando pezas de hortalizas introducindo a substancia no seu interior

Invaden as terrazas demasiado espazo público?
12/06/2025 13:19
Algúns opinan que os bares impiden o uso de bancos, o xogo dos nenos ou o paso de vehículos e peóns

A Xunta avaliará co sector recorrer a sentenza que avala a veda da pesca de fondo
12/06/2025 12:53
A conselleira do Mar admite a "decepción" da Xunta: "Tentaremos ver as posibles opcións de recursos"

A Xunta acusa o Goberno de crear unha "alarma infundada" coas vivendas turísticas
12/06/2025 12:50
A queixa fundaméntase nunha mala análise dos datos extraídos nun Excel
A alarma do Goberno supoñía que existían unhas supostas ilegalidades nas vivendas turísticas en Galicia

A xenetista estadounidense Mary-Claire King, premio Princesa de Asturias de Investigación
12/06/2025 12:22
A xenetista estadounidense é recoñecida por identificar os xenes que causan algúns tipos de cancro de mama e ovario hereditarios e por demostrar que os humanos e os chimpancés son xeneticamente idénticos nun 99 por cento
Mary-Claire King destacou tamén polo uso da xenética dental para identificar persoas desaparecidas, método coñecido como 'índice de avoidade' que permitiu vincular coas Avoas da Praza de Maio decenas de nenos roubados na Arxentina durante a ditadura militar

Atopan un sobrevivente no sinistro do avión de Air India, que viaxaba con 242 persoas
12/06/2025 11:31
O avión bateu contra o comedor dunha residencia de estudantes
O Goberno da India abriu unha investigación urxente para determinar que sucedeu

Investigan un monitor de piscina de Marín por suposta agresión sexual a unha menor
12/06/2025 11:24
O subdelegado do Goberno di que sospéitase que pode haber máis persoas afectadas

O informe da UCO di que Santos Cerdán puido xestionar "mordidas" de ata 620.000 euros
12/06/2025 11:09
O Supremo ofrece a Cerdán declarar ante "consistentes indicios"; o dirixente socialista anuncia que acudirá

Cerdán desvincúlase de posibles amaños: "Non sei que explicacións podo dar"
12/06/2025 10:34
Berros de "dimisión" na sesión do Congreso dos Deputados á chegada de Cerdán

A nova lei de mobilidade suprimirá os voos curtos que teñan alternativa de tren
12/06/2025 10:16
Todos os voos de menos de dúas horas e media con posibilidade de ir en tren serán suprimidos
Esta medida foi esixida por Yolanda Díaz no acordo de goberno co PSOE

12/06/2025 09:53
Tellado cre que Sánchez e Cerdán deben comparecer xuntos e "en primeira persoa"

12/06/2025 09:50
Sobre Ence nas Pontes, Pontón afirmou que hai que ver a declaración de impacto ambiental e cales poden ser as consecuencias
A voceira nacionalista destacou que van seguir traballando pola gratuidade e a transferencia da AP-9

Este xoves publícanse as notas da PAU en Galicia e o venres abrirá a preinscrición nas carreiras
12/06/2025 09:04
Medicina e os dobres graos en Matemáticas e Física e en Enxeñería Informática e Matemáticas, entre as notas de corte máis altas na comunidade

12/06/2025 08:41
Ángel Gabilondo presenta no Congreso dos Deputados o Informe do Defensor do Pobo correspondente á xestión do ano 2024

Mar de fondo ata os 3 metros na Costa da Morte
12/06/2025 08:28
.png)
12/06/2025 08:14
Na conversa gravada, transcrita nun informe remitido pola UCO ao Supremo, escóitase falar a Cerdán, Ábalos e Koldo de que ata catro construtoras lles deben diñeiro
O PSOE nega as acusacións e di que se pronunciará cando coñeza o informe da UCO
Sumar esixe ao PSOE que aclare ipso facto as noticias sobre Cerdán, pola súa gravidade; outros socios do Goberno piden tamén aclaracións
Cerdán asegura que non participou en ningunha adxudicación ilegal e que non ten medo

As dúbidas de Inditex, por Venancio Salcines
12/06/2025 08:00

Máis de 100.000 persoas asistirán esta fin de semana en Santiago ao Son do Camiño
11/06/2025 22:48
Aínda quedan dispoñibles entradas para as xornadas do xoves 12 e o venres 13, mentres que as do sábado están esgotadas

Seguen baixando as temperaturas e volven as chuvieiras
11/06/2025 22:22

Brian Wilson, cofundador de The Beach Boys, falece aos 82 anos
11/06/2025 21:23
A súa familia anunciou a través de Instagram o deceso do famoso músico estadounidense

O Baxi Ferrol, protagonista na gala de premios da Federación Galega de Baloncesto
11/06/2025 21:06
O equipo ferrolán levou a consideración como o mellor club e o seu adestrador, Lino López, tamén foi galardoado
Sergi Quintela e Esther Castedo foron recoñecidos no eido individual

Unha cabezada de Tárrega permítelle a España comezar con triunfo no Europeo sub-21 (2-3)
11/06/2025 20:44
A selección española comezara cun 0-2, pero Eslovaquia equilibrou o partido que se mantivo igualado ata o minuto 90