Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cerdán desvincúlase de posibles amaños: "Non sei que explicacións podo dar"

Cerdán desvincúlase de posibles amaños: "Non sei que explicacións podo dar"

Santos Cerdán, este xoves no Congreso dos Deputados
G24.gal 12/06/2025 10:34

O secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, desvinculouse este xoves de calquera posible amaño de contratos para o suposto cobro de comisións e asegurou que convocará os medios de comunicación cando coñeza o informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil.

"Cando coñezamos o informe darei todas as explicacións que teña que dar. Convocarei a todos os medios a unha rolda de prensa en Ferraz e explicareino. Mentres tanto, non se que explicacións podo dar porque non coñecemos máis", declarou Cerdán nos corredores do Congreso.

Ao preguntarlle expresamente se pode asegurar que ese informe da UCO non o vai implicar en ningún amaño de contrato, Cerdán respondeu tallante: "Completamente seguro". Ademais, engadiu que el non participou "en ningunha conversación dese tipo", en alusión á suposta gravación que recollería ese informe da UCO.

Segundo esas informacións, un informe da UCO da Garda Civil contén gravacións que apoiarían estas acusacións. Neslas escóitase falar a Cerdán,  o exministro Ábalos e Koldo García de que ata catro construtoras lles deben 400.000 euros.

Apupos no Congreso

 O pleno do Congreso dos deputados viuse interrompido uns segundos por apupos dos deputados do Partido Popular e berros de "dimisión" contra o secretario de organización do PSOE, Santos Cerdán.

Foi á chegada do socialista ao hemiciclo, unha hora e media despois do arranque do pleno, cando varios deputados levantáronse e, con golpes nos escritorios dos seus escanos, comezaron a pedir a berros a dimisión do tamén deputado.
 

 

A presidenta do Congreso Francina Armengol mesmo ameazou con suspender a sesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade