A Xunta acusa o Goberno de crear unha "alarma infundada" coas vivendas turísticas
A queixa fundaméntase nunha mala análise dos datos extraídos nun Excel
A alarma do Goberno supoñía que existían unhas supostas ilegalidades nas vivendas turísticas en Galicia

A Xunta de Galicia remitiu un escrito ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para expresar a "falta de vontade real" de colaboración por parte do Goberno, ao que acusou de xerar unha "alarma infundada" sobre supostas ilegalidades en vivendas de uso turístico en Galicia.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, enviou unha carta ao titular do Ministerio, Pablo Bustinduy, na cal comunica que a listaxe de Excel enviada polo Goberno de España hai unhas semanas ten "falta de rigor xurídico e inoperatividade".
Os datos foron "directamente extraídos dunha única plataforma de reservas de aloxamento e directamente extraídos dunha única plataforma de reservas de aloxamento sen aplicar unha depuración ou selección", detállase na mensaxe.
O que máis se destaca na carta e esa falta de criterio na criba, pois non só aparecen vivendas de uso turístico, tamén outros tipos de aloxamento cualificados e rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT/RITGA), entre outros numerosos errores e dificultades que fan que o documento non sirva para o traballo diario da inspección turística galega.
Así, o director de Turismo de Galicia lamenta a "alarma social infundada" creada polo Goberno sobre as VUT e apela á responsabilidade. Tamén lembra que a Xunta "xa vixía e actúa sempre ante as ilegalidades", como no exercicio realizado sobre as vivendas de uso turístico dende 2017.
Merelles explicou que traballan no marco do Plan de Inspección Anual da Xunta e que actúan sempre que se detecte unha ilegalidade ou irregularidade e, cando se necesite, inician o expediente aplicable para sancións que podería derivar nunha sanción tipificada na lei de turismo.
O ano pasado realizáronse 4.000 actuacións, todas elas co obxectivo de preservar a seguridade e calidade no ámbito turístico.