Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zelenski anuncia o terceiro intercambio de prisioneiros de guerra desta semana

Zelenski anuncia o terceiro intercambio de prisioneiros de guerra desta semana

Os países trocaron soldados que precisan asistencia médica en liña co acordado en Istambul

Zelenski deu as grazas aos que participan nos intercambios para "que todos e cada un deles poidan estar na casa, en Ucraína"

O Ministerio de Defensa ruso anunciou que os prisioneiros liberados están a recibir asistencia médica e psicolóxica en Bielorrusia

REUTERS / Thomas Peter REUTERS / Thomas Peter
G24.gal 12/06/2025 16:05

As autoridades ucraínas e rusas anunciaron este xoves o intercambio do terceiro grupo de prisioneiros de guerra con Rusia no que vai de semana, en base ao acordado na última rolda de contactos en Istambul.

O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, escribiu en X que todos os retornados requiren asistencia médica, en liña co consenso de trocar a prisioneiros enfermos, feridos ou menores de 25 anos.

"Hoxe, os guerreiros das nosas Forzas Armadas, Garda Nacional e Servizo de Garda de Fronteiras están de volta en casa", escribiu o presidente de Ucraína na súa conta da citada rede social, nunha mensaxe que acompañou con varias fotos dos liberados ucraínos.

"Todos eles requiren tratamento médico, e sen dúbida recibirán a atención que necesitan", explicou Zelenski sobre o que describiu como "a segunda etapa de traer de volta a guerreiros gravemente feridos e gravemente enfermos".

O luns 9 de xuño xa se realizara un intercambio de soldados menores de 25 anos.

"Seguimos traballando para traer a todos a casa desde o cativerio ruso. Damos as grazas a todos os que axudan a facer posibles estes intercambios, para que todos e cada un deles poidan estar na casa, en Ucraína", concluíu a súa mensaxe Zelenski, que non especificou cantos ucraínos foron liberados, algo que xa ocorreu no troco do martes.

En total, as delegacións de Rusia e Ucraína acordaron en Istambul intercambiar a un milleiro de prisioneiros por cada bando, ampliable a 1.200.

Pola súa banda, o Ministerio de Defensa ruso confirmou en Telegram o intercambio e anunciou que os prisioneiros liberados están a recibir asistencia médica e psicolóxica en Bielorrusia, antes de ser enviados a territorio ruso para continuar a súa rehabilitación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade