Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta impulsa unha nova edición do Bono Turístico

A Xunta impulsa unha nova edición do Bono Turístico

Estes bonos buscan impulsar o turismo interior e o ocio fóra de temporada

A partir de xullo poderán descargarse os bonos para gastar no outono

G24.gal 09/06/2025 11:35 Última actualización 09/06/2025 13:33

Consello da Xunta aprobou este luns impulsar unha nova edición do Bono Turístico para estadías e experiencias en establecementos galegos no próximo outono.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Administración galega vai investir nesta campaña un millón de euros, co obxectivo de mobilizar 2,5 millóns.

Cada persoa poderá descargar a partir deste próximo mes ata un máximo de dous bonos de 150 euros, cos que obterá un desconto do 40 % que achegará a Xunta.

Estes bonos poderán gastarse desde mediados de setembro ata o Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade