Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan un 64 % as reservas de viaxes en tren a Santiago polo Son do Camiño

Aumentan un 64 % as reservas de viaxes en tren a Santiago polo Son do Camiño

O impacto local dos festivais musicais mídese a nivel económico, social e mediático

Os hoteis de Santiago rexistran cheo para as datas do Son do Camiño

O Son do Camiño acolle preto de 130.000 asistentes en cada edición
G24.gal 04/06/2025 16:13

Comeza a temporada de festivais e aquí en Galicia abre o Son do Camiño, o evento musical de pago máis grande do norte de España, con case 130.000 asistentes. Un 41 % deles proceden de fóra de Galicia, e elixen o tren como medio de transporte.

"Especialmente significativo no caso de Madrid, onde as reservas subiron un 115 %, o que reflicte a gran capacidade de atracción deste evento non só na contorna galega, senón en toda España", explica Diego Borreguero, xerente de desenvolvemento de Trainline en España.

En toda España, pero tamén fóra dela. Ingleses, portugueses, suízos e italianos son os que máis se deixan ver eses días por Santiago. Os hoteis están ao límite da súa capacidade.

"A verdade é que estamos a piques de cheo. Depende un pouco do día exacto dende o xoves ata o sábado, pero realmente moi boa ocupación e moi boa previsión", apunta Pablo Guitián, director do hotel AC Palacio del Carmen.

Estes festivais actúan como tractores da actividade económica a nivel local. O Son do Camiño xerou o ano pasado máis de 1.000 postos de traballo directo e máis de 4.000 indirecto. O impacto económico superou os 23 millóns de euros.

"Impacta nos hoteis, impacta nos restaurantes, impacta nos supermercados, nos medios de transporte, etc.", continúa Pablo.

Sobre todo no tren, que, polo perfil dos asistentes, se está consolidando como unha das opcións de mobilidade preferidas.

Dentro dunha semana a estación de Renfe en Santiago vai ter moito movemento. Ao fluxo normal de cada día vanse sumar os pasaxeiros que elixiron o tren para asistir ao Son do Camiño, e xa sabemos que a demanda vai ser moi superior á do ano pasado. Concretamente para os días do festival, entre o 12 e o 14 de xuño, hai reservadas un 64 por cento máis de viaxes que se fose un día normal.

A pegada que deixa cada edición do festival mídese tamén pola súa presenza en medios, que a nivel económico se valorou o ano pasado en 30 millóns de euros, cunha audiencia de máis de 4 millóns de impactos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos