Operación contra o narcotráfico en Andalucía, introducían haxix desde Marrocos en helicópteros
Hai seis persoa detidas por delitos de tráfico de drogas, posesión ilícita de armas e pertenza a organización criminal
A rede distribuía despois a droga por estrada a distintos países de Europa
A Garda Civil detivo seis persoas en Málaga por intentar introducir haxix dende Marrocos. Segundo a investigación, a rede utilizaba helicópteros para transportar a droga.
As detencións realizáronse tras unha operación conxunta coa Policía Nacional. Os axentes incautáronse de máis de 500 quilogramos de haxix e de varias aeronaves.
A investigación comezou cando detectaron voos sospeitosos na costa malagueña. Dende a Garda Civil salientan que esta operación evidencia a sofisticación das organizacións criminais dedicadas ao narcotráfico na rexión.
"Este grupo criminal contaba con helicópteros con capacidade para transportar entre 500 e 900 quilos de mercadoría. Levaban o haxix ata a provincia de Almería e unha vez que aterraba o helicóptero levábano por estrada ata naves industriais onde era almacenado durante días para ser distribuído a outros países de Europa