Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home que repartía heroína en bicicleta en Pontevedra

Detido un home que repartía heroína en bicicleta en Pontevedra

No momento da súa detención portaba heroína en forma de rocha cun peso de 3,5 gramos e 0,82 gramos de cocaína

G24.gal 21/05/2026 16:44 Última actualización 21/05/2026 16:59

A Policía Nacional de Pontevedra detivo un home  que repartía heroína en bicicleta pola cidade e desarticulou un punto de venda de droga.

Os axentes estableceron diferentes dispositivos de vixilancia sobre o individuo que se desprazaba en bicicleta para contactar cos posibles consumidores.

Así puideron constatar o trasfego de drogodependentes en varias zonas do centro da cidade, e realizaron diferentes intervencións de substancias estupefacientes a compradores que acudían para abastecerse das súas doses, o que acreditou a implicación do investigado na actividade delituosa.

Unha vez recadados os indicios necesarios, por parte de axentes da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra identificouse un varón tras interceptalo cando circulaba pola zona en bicicleta.

No momento da súa detención portaba heroína en forma de rocha cun peso de 3,5 gramos, 0,82 gramos de cocaína, varios billetes fraccionados en cantidades pequenas, un total de 225 euros e un teléfono móbil.

O  home está acusado dun delito de tráfico de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade