Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cerdán asegura que non participou en ningunha adxudicación ilegal e que non ten medo

Cerdán asegura que non participou en ningunha adxudicación ilegal e que non ten medo

"Non teño ningún medo, non teño nada do que defenderme, non sei o que pode haber", dixo aos xornalistas

A Xustiza ordena investigar a actuación de Pedro Sánchez sobre os negocios da súa muller

Santos Cerdán, este mércores nos corredores do Congreso dos Deputados
G24.gal 11/06/2025 11:40 Última actualización 11/06/2025 21:32

O secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, asegurou este mércores que non participou en ningunha adxudicación ilegal e que non ten medo porque non ten nada do que defenderse.

O dirixente socialista pronunciouse así nos corredores do Congreso a preguntas dos xornalistas tras os rexistros efectuados este martes pola UCO no marco da investigación xudicial do coñecido como caso Koldo.

Estas operacións están relacionadas co informe que o xuíz solicitara á UCO e no que pedía investigar chamadas telefónicas entre o exministro Jose Luis Ábalos, o seu exasesor Koldo García, e o presunto conseguidor da trama, Víctor de Aldama.

Pedía tamén unha especial referencia a mensaxes intercambiadas con Ábalos, o ministro Ángel Víctor Torres ou os seus subordinados, con Santos Cerdán ou con calquera outra persoa aforada.

"Non teño ningún medo, non teño nada do que defenderme, non sei o que pode haber", dixo aos xornalistas, antes de afirmar tallante que non participou en ningunha adxudicación ilegal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade