Jesús Madriñán: "Migracións e turismo masivo moldean a identidade de moitas partes do mundo".
A exposición combina o traballo de Jesús Madriñán, sobre todo da súa serie 'Lanzarote', con fotografías do Museo Etnolóxico
O artista reflexiona sobre as dinámicas de mobilidade na sociedade, explorando como os movementos de persoas afectan un territorio
'Territorios en tránsito: afluencias e influencias', ata o 28 de setembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia
"O diálogo entre tempos e lugares distintos abre un espazo de reflexión e debate sobre as dinámicas de poder entre persoas e rexións do planeta".
Neste espazo de reflexión é onde nos sitúa a mostra 'Territorios en tránsito: afluencias e influencia' do artista Jesús Madriñán. O fotógrafo visítanos hoxe aquí no estudio para guiarnos por esta exposición, que xa podedes visitar no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Nela seguimos a pegada dos humanos a través do espazo e do tempo tamén. Son fotografías que se achegan á linguaxe pictórica e que exploran, precisamente, nas dinámicas de mobilidade.