Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrinca o festival Hércules Brass, un referente do vento metal

Arrinca o festival Hércules Brass, un referente do vento metal

O claustro barroco do mosteiro de Celanova acollerá artistas de sona internacional como James Morrison, Abraham Cupeiro ou Adam Rapa

Paralelamente, un cento de alumnos reciben formación maxistral dos propios artistas

G24.gal 28/07/2025 21:09 Última actualización 28/07/2025 21:30

Asistimos a unha clase de vento metal cunha participación histórica: cento cinco alumnos, de toda a península, congréganse na undécima edición do Festival Hércules Brass de Celanova. Moitos, repiten.

O festival combina concertos no claustro barroco do mosteiro coa formación de alumnos. Músicos de sona internacional actúan nos dous escenarios, para o público e impartindo clases maxistrais.

Javier González, Hércules Brass: "Que as novas promesas do vento metal teñan acceso a artistas internacionais, que lles sirva para alimentarse desa sabedoría que eles teñen".

Isabel Rubio, directora de orquestras: "Sobre todo experiencias vitais porque, á parte de estar na casa, co papel, estudando a música, hai que ter contacto coa realidade, subir a un escenario, compartir experiencia con xente que fai o mesmo ca eles".

O festival esténdese do 28 e xullo ao 1 de agosto e converte Celanova no centro de referencia da música de vento metal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade