María Alfaro: "Nesta mostra queremos pór en valor o talento que temos en Galicia"
A 42 edición da mostra trae oito estreas absolutas, sete estreas en Galicia e cinco coproducións
'Mulleres en acción' fai 25 anos nos que a MITCFC impulsou esta iniciativa de visibilización
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas desenvólvese ata o 6 de xullo
Hoxe comezan en Cangas 15 días da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo. Unha cita veterana que celebra a 42 edición. Teatro clásico e contemporáneo, de rúa, para maiores e pequenos, danza, performance, 8 estreas absolutas, 7 estreas en Galicia, 5 coproducións e moitas moitas ocasións para divertirse. A directora artística da mostra, María Armesto, e a directora de actividades paralelas e formación Casilda Alfaro nos debullan a extensa programación deste ano.