Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre o escritor e xornalista Xosé Luís Rúa, unha das voces da Radio Galega das últimas décadas

Morre o escritor e xornalista Xosé Luís Rúa, unha das voces da Radio Galega das últimas décadas

Tiña 74 anos e unha longa traxectoria no mundo da literatura e do xornalismo que o fixo merecedor de numerosos premios

Xosé Luís Rúa, nunha entrevista en Televisión de Galicia Xosé Luís Rúa, nunha entrevista en Televisión de Galicia
G24.gal 30/07/2025 15:01 Última actualización 30/07/2025 16:58

Consternación en Ourense e no mundo da comunicación pola morte do escritor xornalista Xosé Luís Rúa Núñez.

Tiña 74 anos e unha longa traxectoria no mundo da literatura e do xornalismo. 

Nas últimas tres décadas foi a voz da Radio Galega en Ourense.

Con anterioridade traballou noutros medios escritos galegos, como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Región ou a Axencia Efe.

Un labor que lle supuxo ser merecedor de varios premios. Entre outros, logrou en 1995 o VII Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, instituído pola Deputación Provincial de Ourense. 

En canto aos premios literarios, en 1995 logrou o XVI Premio de Poesía Cidade de Ourense, instituído polo Concello de Ourense, polo seu poemario O lobo nos outeiros. Xosé Luís Rúa volvería gañar este premio no ano 2001 con Elexías do Camba.

Tamén conseguiu en 2001 o XIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, instituído polo Concello de Dodro. O traballo premiado foi o poemario O tránsito da auga.

Ademais foi condecorado coa Medalla de Ouro da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade