Bordado ao aire: unha técnica tradicional dos traxes de gala
No día mundial do bordado, fixámonos no máis representativo do traxe tradicional galego
Belén, vinculada ao traxe tradicional galego como responsable de vestiario da Coral de Ruada, elaborou o seu propio traxe con bordado ao aire. En canto descubriu a técnica, quixo aprendela. "O bordado ao aire faise á parte da tea, non sobre a tea"
"Nesta peza tardei catro anos en facer o bordado ao aire. Hai que coser pedra a pedra, cristal a cristal", explica mentres non ensina a muradana, a saia que recobre o refaixo.
Os cristais veñen da República Checa. Cómpraos por quilos e vainos pasando un a un.
Son deseños antigos, orixinais dos traxes de gala, pero tamén se lles poden dar outras aplicacións, que discorre cos seus alumnos.
"Facémoslle o pico para un xersei, ou unha carteiriña de terciopelo con cremalleira, para poñerlle os apliques".
Paixón e entrega, para que non se perda esta laboriosa técnica de bordado tradicional.