Publicador de contidos

Publicador de contidos

O melanoma aumenta en toda Europa: en España vanse diagnosticar 10.000 casos este ano

O melanoma aumenta en toda Europa: en España vanse diagnosticar 10.000 casos este ano

O bronceado é un gusto estético pasaxeiro, pero o xeito de conseguilo pode pasar unha factura que paguemos a longo prazo

G24.gal 12/06/2025 14:16

O pigmento do moreno provén dos melanocitos, que se activan e segregan melanina coa exposición á radiación ultravioleta. É un mecanismo de defensa natural do corpo do que non debemos abusar. 

"Por suposto non hai que demonizar as actividades ao aire libre, o ocio, o xogo, pero hai que facelo do xeito máis saudable posible. O bronceado vai chegar se estamos en exteriores, pero non debemos buscalo activamente hai que buscar a sombra e tamén é moi importante buscar medidas físicas como os sombreiros de ala ancha. É importante lembrar que as viseiras non protexen correctamente as orellas nin a parte de atrás do pescozo", explica Ángeles Flórez, a xefa do Servizo de Dermatoloxía da área Santiago-O Barbanza.

A roupa e o parasol na praia son tamén fotoprotección. E, por suposto, a crema solar, máis importante aínda para nenos e os adolescentes, complementa todas as precaucións que debemos ter para non queimarnos. 

"A clave e o que me gustaría transmitir á poboación é que debemos evitar queimarnos, que á fin do día a pel non estea encarnada", insiste Ángeles Flórez, xefa do Servizo de Dermatoloxía da área Santiago-O Barbanza.

Porque as queimaduras solares supoñen un risco evitable de cancro de pel. Os dermatólogos lembran tamén a importancia da autoexploración. Unha lesión que é diferente ás demais debe ser un signo de alarma. E tamén aquela lesión que cambia rápido, que se estende, que doe, que sangra. Son casos en que debemos sempre consultar co noso médico de cabeceira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade