Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova lei de mobilidade suprimirá os voos curtos que teñan alternativa de tren

A nova lei de mobilidade suprimirá os voos curtos que teñan alternativa de tren

Todos os voos de menos de dúas horas e media con posibilidade de ir en tren serán suprimidos

Esta medida foi esixida por Yolanda Díaz no acordo de goberno co PSOE

Europa Press Europa Press
G24.gal 12/06/2025 10:16

A lei de mobilidade sostible que se está a tramitar no Congreso de Deputados inclúe unha medida innovadora: suprimir os voos curtos, de menos de dúas horas e media, e que teñan unha alternativa ferroviaria. O único caso en que non se daría este cambio sería nos casos de conexión con rutas internacionais. 

Esta medida é resultante dun acordo entre o PSOE e Sumar, e dáselle un prazo dun ano ao Goberno para estudala e poñela en marcha, segundo o portavoz de Mobilidade de Sumar, Alberto Ibáñez.

Esta nova lei está incluída no acordo para formar un goberno de coalición entre os dous partidos implicados, asinado logo das pasadas eleccións xerais e a inclusión desta medida foi unha das condicións que impuxo Yolanda Díaz, quen xa fixo que a Comisión de Transición Ecolóxica instase ao Goberno a reducir estes voos cunha proposición en febreiro do 2024.

Estímase que a aviación é responsable de entre o 5 % e o 8 % do impacto climático global e, sen medidas para contrarrestalo, as emisións poderán duplicarse en 25 anos ata ser unha cuarta parte dos gases de efecto invernadoiro de todo o mundo, segundo o Atlas Europeo de Mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade