Trump e Putin negociarán este venres o futuro de Ucraína, sen Zelenski e sen a UE
A última vez que Putin se reuniu cun mandatario estadounidense foi en 2021, nun encontro co entón presidente Joe Biden celebrado en Xenebra
Zelenki reiterara que non aceptará ceder zonas controladas por Rusia e que calquera acordo sobre a guerra sen telos en conta a eles "nace morto"
O Goberno ruso confirmou este sábado que o seu presidente, Vladimir Putin, asistirá o próximo venres á reunión promovida polo mandatario norteamericano, Donald Trump, para negociar unha saída á guerra en Ucraína. A xuntanza celebrarase nun lugar por determinar do Estado norteamericano de Alaska, que fora ruso ata 1867.
Trump fala dun posible intercambio de terras entre Ucraína e Rusia
Nunha conferencia de prensa posterior á sinatura en Washington do acordo de paz entre Armenia e Azerbaixán, Donald Trump falou dun posible intercambio de territorios para conseguir a paz, sen concretar que significa iso na actual situación, onde Ucraína ocupa unha mínima parte do territorio ruso mentres que os militares rusos controlan unha quinta parte do territorio ucraíno.
A resposta do Goberno ucraíno, a través do seu presidente, foi rápida e clara.
"Os ucraínos non entregaremos as nosas terras aos ocupantes rusos; Ucraína está lista para tomar decisións realistas e que poidan traer a paz..., calquera decisión en contra nosa, calquera decisión sen Ucraína, é unha decisión contra a paz, non servirán para nada, serán decisións que nacen mortas", asegurou este sábado Volodimir Zelenski.
Trump e Putin reuniranse en Alaska sen Zelenski e sen a Unión Europea
Á xuntanza do próximo venres en Alaska tampouco está invitada a Unión Europea, directamente interesada na solución dunha guerra que se desenvolve no seu territorio xeográfico.
Putin reuniuse en 2018 reuniuse con Trump en Helsinqui
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou este venres a xuntanza na súa conta oficial de Truth Social.
"A tan esperada reunión entre a miña persoa e o presidente Vladimir Putin, de Rusia, levará a cabo o vindeiro venres no grande estado de Alaska".
A última vez que Putin se reuniu cun mandatario estadounidense foi en 2021, nun encontro co entón presidente Joe Biden celebrado en Xenebra.
En 2018 reuniuse con Trump en Helsinqui.
A proposta de Trump de incluír un "intercambio de territorios" como parte dun eventual acordo de paz espertou críticas tanto en Kiev como en varias capitais europeas.
As autoridades ucraínas reiteraron que non aceptarán ceder zonas controladas por Rusia.
Nos últimos días, Trump impulsou medidas de presión económica contra Moscova como aranceis a países -como India- que compran petróleo ruso.
Analistas consideran que estas accións forman parte da súa estratexia para chegar á mesa de negociación cunha marxe de influencia fronte a Putin, aínda que non está claro se lograrán o efecto desexado.
Voceiros do Kremlin cualificaron o próximo encontro como "unha oportunidade para o diálogo directo" e reiterado que Moscova buscará garantías de seguridade e recoñecemento internacional dos territorios que controla en Ucraína.
Non se precisou se haberá participación de representantes ucraínos ou mediadores externos nas conversacións de Alaska.
A cita de Alaska perfílase como un dos momentos diplomáticos máis observados do ano, con implicacións que poderían ir máis aló do conflito en Ucraína
