Invaden as terrazas demasiado espazo público?
Algúns opinan que os bares impiden o uso de bancos, o xogo dos nenos ou o paso de vehículos e peóns
A reapertura nunha céntrica praza de Vigo, na contorna de Rosalía volve poñer no debate a invasión de espazos públicos por parte das terrazas.
As súas responsables din que non hai máis mesas que antes e que apenas molesta nunha zona chea de espazos hostaleiros.
A pequena praza leva apenas un día aberta e xa hai quen di que está tomada polas terrazas de bares, deixando pouco espazo para o lecer dos cativos, o descanso nos bancos públicos ou o tráfico que vai aos garaxes.
As responsables dos negocios din que non hai máis cadeiras que antes e que cumpren coa ordenanza municipal tal e como comprobou a policía local onte.
Esta zona de Vigo é recoñecida polas súas múltiples terrazas que son parte do seu sinal de identidade, moitos pensan que non molestan tanto e que sería unha pena que desaparecesen.
Coa praza acabada de abrir o tempo dirá se conseguen conxugar os dereitos de hostaleiros e clientes cos dos veciños.