Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría na rede da traída provoca o derramamento dun millón de litros en Lugo

Unha avaría na rede da traída provoca o derramamento dun millón de litros en Lugo

A veciñanza da rúa Escocia reclama unha solución pero témenlle ao amianto das tubaxes

G24.gal 23/11/2025 14:38 Última actualización 23/11/2025 15:37

Xa van máis de millón e medio de litros de auga derramados pola calzada da rúa Escocia de Lugo, segundo calcula a veciñanza desta zona, por mor dunha avaría nas canalizacións da traída que se produciu hai case un mes.

Aseguran que a reparación é complexa porque, ao parecer, estas infraestruturas que subministran auga potable nesta zona están feitas de fibrocemento con amianto e teñen máis de corenta anos.

Este material, denuncian, libera fibras canceríxenas no caso de rachar ou degradarse polo que cómpre manipulalo con extrema precaución cando se arranxa calquera avaría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade