Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un poste da luz esquecido en plena estrada en Xeve causa preocupación entre a veciñanza

Un poste da luz esquecido en plena estrada en Xeve causa preocupación entre a veciñanza

Leva no medio da rúa dende hai catro anos 

Debido a un accidente que tivo lugar en abril, a base da instalación resultou danada, sendo outro motivo de preocupación para os residentes, que piden a recolocación do poste para evitar problemas futuros

Imaxe do poste da luz no medio da rúa
G24.gal 24/11/2025 10:35

No medio da vía e sen sinalización atópase un dos postes do tendido eléctrico de Sobral, na parroquia de Xeve.

Leva neste estado dende hai 4 anos, cando o propietario da vivenda mais próxima a el remataba as obras do seu inmoble. Foi entón cando o departamento de urbanismo do concello de Pontevedra solicitou o retranqueo do muro da súa propiedade para ampliar a estrada. A reforma levouse a cabo, pero o poste permanece no seu emprazamento orixinal obstruíndo parte da vía.

Na súa actual posición, os veciños da zona reclaman que o poste supón un perigo para os condutores que pasan pola estrada. Especialmente aqueles que non son da parroquia e descoñecen o estado da instalación.

"O Concello, pois, require que botemos o muro que había aquí antes, o antigo muro de pedra, e tivemos que botar para atrás. Que pasa, o poste efectivamente quedou onde estaba. Quedou no sitio, entón, ben, é o que hai. É un pouco perigoso", afirma un dos residentes do lugar.

Ademais, lembran que o pasado mes de abril xa se produciu un accidente no tramo cando unha muller duns 70 anos, que resultou ferida grave, estrelouse co poste tras sufrir unha avaría na marcha do seu vehículo: "Cando van pasar os coches, se non controlas, podes levar o poste por diante como xa pasou en abril"

Os veciños informan de que é unha ruta bastante transitada, mesmamente por xente que non coñece o lugar, polo que non saben da presencia do poste: "Non é soamente aquí da parroquia nin do lugar, e que veñen de afora tamén. Pasan coches en todo momento. Por un lado, probablemente é pola igrexa, porque é a ruta da igrexa. E, sobre todo, vindo da parte de arriba, pois iso parece que xa te pegas".

A veciñanza recalca polo tanto a súa indignación pola existencia do piar no medio da estrada, un lugar perigoso para a circulación automobilística: "Sobre todo aos que veñen de alá afecta moito, porque se non te das de conta píllalo de fronte, porque está xusto onde non debía de estar, claro".

Así mesmo, froito do incidente de abril, a base da instalación resultou visiblemente danada. Outro motivo de preocupación para os residentes, que piden a recolocación do poste para evitar accidentes futuros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade