Publicador de contidos

Publicador de contidos

España conmemora os 40 anos da adhesión á Unión Europea

España conmemora os 40 anos da adhesión á Unión Europea

Hai programados actos institucionais para reivindicar catro décadas da maior transformación do pais

G24.gal 12/06/2025 15:00 Última actualización 12/06/2025 18:38

Era un 12 de xuño de 1985. A sinatura do presidente do Goberno, Felipe González, poñía fin a décadas de illamento. España, xunto con Portugal, pasaba a formar parte da Comunidade Económica Europea e poñía rumbo á maior transformación económica e social do país.

"Foi un momento traumático para algúns sectores pero moi bo por todo o que temos conseguido", valora un cidadán.
 

40 anos despois, a Unión Europea segue sendo para moitos a gran descoñecida.
 

"Non teño ningún tipo de formación", di un mozo. 

"Necesitaríase máis didáctica", opina un cidadán.
 

Nestes 40 anos cambiamos de moeda. Das vellas pesetas ao euro. Recordan cando faciamos contas...?

"Recordo perfectamente como facía o cambio. 166 pesetas, un euro", lembra un cidadán.

"Nós xa nos criamos na época do euro. A peseta non a vimos diante", di un mozo.

Tamén vimos como os fondos europeos permitiron os grandes avances en comunicacións e a transformación do noso tecido produtivo. Demos a benvida a novos países membros e despedimos toda unha potencia europea tras o brexit. E vivimos xuntos unha pandemia que superamos grazas á potente maquinaria de fondos e aos avances das vacinas.

"Europa está preparada para loitar polo futuro", son palabras da presidenta da Comisión Europea na súa reelección hai agora un ano.

España celebra este 40 aniversario con distintos actos institucionais que reivindican o papel dunha Europa unida e forte fronte aos retos dun escenario mundial en proceso de cambio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos