Publicador de contidos

Publicador de contidos

As festas de Vigo, en risco por falta de autorización para as atraccións

As festas de Vigo, en risco por falta de autorización para as atraccións

Os traballadores do sector acusan o Concello de trabas excesivas

Dende o Concello de Vigo defenden que só esixen o que recolle a lei autonómica

G24.gal 12/06/2025 14:40

Non está claro que as festas de Vigo se repitan tal e como as coñecemos. Polo momento non conta ningunha atracción con autorización para instalarse. Os traballadores do sector acusan o Concello de trabas excesivas.

Insisten en que lles piden documentación que outros municipios non reclaman. Por exemplo, hai só un par de semanas Leonor dos Anjos instalaba o Saltamontes en Santiago para as Festas da Ascensión e di que en Vigo xa llo "denegaron". Sabe do que fala. O ano pasado faleceu un home nunha atracción semellante á súa, de aí tamén que se fagan máis estritos os controis.

O sector traballa coa Xunta e co Colexio de Enxeñeiros para redactar un manual que se aplique en todos os municipios. Dende o Concello de Vigo defenden que só esixen o que recolle a lei autonómica, que hai que cumprila si ou si.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos