Feijóo avergóñase "das revelacións da UCO sobre Cerdán: "Empezaron roubando nas primarias e non pararon"
Feijóo avergóñase "das revelacións da UCO sobre Cerdán: "Empezaron roubando nas primarias e non pararon"
O presidente do PP non acudirá os actos polos 40 anos da entrada na CEE polo clima político
Di que un primeiro ministro europeo non duraría nin "10 minutos" ante o que están a coñecer
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, dixo este xoves estar "absolutamente avergoñado" coas revelacións que se están coñecendo no informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil sobre o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, e recalcou que un primeiro ministro europeo non duraría nin "10 minutos" ante o que están a coñecer.
"Parece ser que empezaron roubando nas primarias e non pararon de facelo. Parece ser que o seu modus operandi era roubar votos aos seus compañeiros e despois enriquecerse e manterse no poder", declarou Feijóo, que pediu "desculpas" aos cidadáns ante a "gravidade" das informacións que están a coñecer.
En declaracións aos xornalistas nos corredores do Congreso, Feijóo sinalou que o seu partido quere ler o informe completo da UCO antes de facer unha valoración "completa" e dixo que non queren "improvisar" nin "precipitarse". Iso si, recalcou que as informacións apuntan a unha "trama mafiosa" detrás do PSOE.
⚖️ CORRUPCIÓN
— G24 (@G24Noticias) June 12, 2025
Feijóo di que non vai coincidir con Sánchez en ningún acto institucional con Pedro Sánchez despois do informe da UCO https://t.co/n1DZ51sfAh pic.twitter.com/VTeL8GyNOR
Feijóo defendeu a saída de Pedro Sánchez porque "isto non é admisible nun país da Unión Europea". "Un primeiro ministro europeo non dura 10 minutos despois de coñecer o que viñemos coñecendo nos últimos", salientou.
Non irá os actos para celebrar os 40 anos da adhesión de España á CEE
Alberto Núñez Feijóo, non participará este xoves no acto conmemorativo do 40 aniversario da adhesión de España ás Comunidades Europeas que presidirá o rei e no que estará o xefe do Goberno, Pedro Sánchez, xunto a varios ministros do Goberno.
Fontes de Xénova confirmaron a EFE que o presidente do PP xa optara ausentarse do acto, decisión que se reforzou "moito máis" desde o partido tras as últimas noticias sobre corrupción.