Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cerdán pide ao Constitucional que anule a prisión provisional imposta polo Supremo

Cerdán pide ao Constitucional que anule a prisión provisional imposta polo Supremo

O exsecretario de Organización do PSOE recorre en amparo e denuncia vulneración dos seus dereitos fundamentais

A defensa considera que non se xustificou o risco de destrución de probas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 30/07/2025 15:59 Última actualización 30/07/2025 17:40

O exsecretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, presentou un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional para que anule a prisión provisional decretada polo xuíz do caso Koldo no Tribunal Supremo o pasado 30 de xuño e ratificada por ese tribunal o 23 de xullo.

A defensa de Cerdán sostén que o Supremo vulnerou o seu dereito á liberdade e á presunción de inocencia ao acordar o seu ingreso en prisión sen xustificar "debidamente a concorrencia de ningún risco de alteración ou destrución de probas", fundamento central da medida adoptada.

Segundo o recurso, "establecer como único motivo para presupoñer un risco de alteración ou destrución de probas (...) un suposto papel directivo por parte do señor Cerdán inferido unicamente por unha análise subxectiva en relación a uns audios que a día de hoxe descoñecemos tanto a súa veracidade como o seu contido (...) resulta totalmente insuficiente e non cumpre cos estándares esixidos" pola doutrina do Tribunal Constitucional e do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade