Abre ao tráfico o último treito da nova avenida das Pías en Ferrol
Itinerarios para peóns, máis estacionamento e novas zonas verdes para avanzar na transformación da cidade
O que era unha estrada de acceso a Ferrol a través da ponte da Pías, transfórmase hoxe nun novo bulevar onde os peóns son os protagonistas.
"A entrada a Ferrol quedou espectacular", asegura a presidenta da asociaicón de veciños do barrio de Caranza.
Unha obra executada polo Ministerio de Transportes que agora pasará a tiularidade municipal. Son máis de sete quilómetros de itinerarios peonís, espazo para os ciclistas e case 37.000 metros cadrados de novas zonas verdes.
"Un pulmón verde que imos completar coa plantación de 600 árbores para avanzar nunha cidade sostible", explica José Manuel Rey, alcalde de Ferrol
As obras permitiron crear 350 prazas de estacionamento e derrubar a barreira que separaba os tres barrios máis poboados de Ferrol, Caranza, Esteiro e os Ensanches. En total once millóns e medio de euros investidos con cargo aos fondos de recuperación.
"Aquí estamos falando dunha nova cidade", di Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.
A nova avenida das Pías avanza na transformación urbana da cidade, que terá continuidade co proxecto Abrir Ferrol ao Mar.