Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facenda transferirá 10.878 millóns de euros a Galicia en 2026 en entregas a conta

Facenda transferirá 10.878 millóns de euros a Galicia en 2026 en entregas a conta

O ministerio anuncia unha cifra histórica que supera nun 6,2 % a do ano actual

A Xunta prevé aprobar o teito de gasto para 2026 este venres

Imaxe de arquivo da minista de Facenda, María Jesús Montero. EFE/Chema Moya Imaxe de arquivo da minista de Facenda, María Jesús Montero. EFE/Chema Moya
G24.gal 30/07/2025 16:14

O Ministerio de Facenda anunciou que a Xunta de Galicia recibirá en 2026 un total de 10.878 millóns de euros en entregas a conta, unha cifra histórica que supera en 6,2 % o importe destinado a esta partida no exercicio actual.

Segundo Facenda, trátase dunha cifra "histórica" que reflicte "a boa marcha da economía española". Galicia terá así as maiores entregas a conta da súa historia, xa que o importe supera en máis de seiscentos millóns de euros o previsto para este ano.

A esta cantidade sumaranse os 789 millóns de euros procedentes da liquidación de 2024, o que elevará o total das transferencias ata os 11.582 millóns de euros, un 6,9 % máis que en 2025.

Ademais, a Xunta recibiu esta semana 695 millóns de euros polos atrasos na actualización das entregas a conta de 2025 correspondentes aos meses de xaneiro a xuño.

Este xoves 31 de xullo, Facenda remitiralle outros 679 millóns procedentes da liquidación definitiva do ano 2023, co que esta semana a Administración autonómica percibirá un total de 1.374 millóns de euros.

A Xunta prevé aprobar este venres, 1 de agosto, o teito de gasto non financeiro para os orzamentos autonómicos de 2026, que será referendado o luns 4 de agosto polo Parlamento galego, onde o PP conta con maioría absoluta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade