Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desmantelada unha rede que traía cocaína a Europa desde Costa Rica en contedores de froita

Desmantelada unha rede que traía cocaína a Europa desde Costa Rica en contedores de froita

Na operación comisaron máis de cinco toneladas de droga e foron detidas 37 persoas, trece delas en España

Escondían a droga en estruturas de caixas de cartón, nos palés, en cargamentos de polpa de iuca conxelada e mesmo simulando pezas de hortalizas introducindo a substancia no seu interior

G24.gal 12/06/2025 13:23

A Garda Civil xunto con axentes de Costa Rica e Portugal en colaboración con Europol desmantelaron unha organización que enviaba cocaína desde Costa Rica a Europa oculta en contedores de froita, nunha operación na que se incautaron máis de cinco toneladas de droga e foron detidas 37 persoas, trece delas en España. O resto das detencións, segundo informa este xoves a Dirección Xeral da Garda Civil, practicáronse en Costa Rica (12), Portugal (7) e Alemaña (5). Ademais embargáronse 146 inmobles e bloqueado 280 contas bancarias á organización.

A operación Purga-Calipso Guanacaste iniciouse en 2019, tras varias aprehensións tanto en portos de América do Sur como en portos europeos, o que permitiu identificar unha organización criminal que enviaba grandes cantidades de cocaína oculta en contedores marítimos cuxa carga declarada era froita. A organización criminal usaba diferentes portos para a introdución da droga en Europa como son Leixões (Portugal), Anveres (Bélxica), Róterdam (Holanda) ou o porto de Hamburgo (Alemaña).

Escondían a droga en estruturas de caixas de cartón, nos palés, en cargamentos de polpa de iuca conxelada e mesmo simulando pezas de hortalizas introducindo a substancia no seu interior. Durante a investigación realizáronse un total de 26 aprehensións de clorhidrato de cocaína, sumando unha cantidade total de 5.408 quilos. Destas, catro intervencións foron en España con 1.141 quilos de droga incautada. Grazas á análise realizada das primeiras incautacións no Centro de Intelixencia Criminal Antidroga (CICA) do proxecto GDIN, púidose determinar que os responsables de todas elas formaban parte do mesmo grupo criminal, que operaba tanto no continente americano como en Europa.

A UCO constatou que os membros da organización desprazáronse ata España para a recepción dun envío de cocaína no porto de Sevilla, que foi intervido e no que se acharon 350 quilos de cocaína. Entre os detidos atopábanse os responsables de dar aparencia legal ao envío, así como os encargados do transporte e distribución, sendo todos eles enviados a prisión provisional, dándose así por desarticulada a parte da organización criminal que operaba en España.

A investigación estivo dirixida polo Xulgado Central de Instrución numero seis da Audiencia Nacional e a Fiscalía Especial Antidroga, e levada a cabo pola UCO, concretamente o seu Departamento Contra o Narcotráfico, conxuntamente coa Policía Xudiciaria de Portugal e con apoio do Centro Rexional de Análise e Intelixencia contra o Narcotráfico de Andalucía (CRAIN), a Unidade de Policía Xudicial de Zona de Cataluña e as Comandancias de Madrid, Sevilla e Córdoba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade