As criptomoedas, o xeito de pagamento que aumenta entre as organizacións criminais
Organizacións criminais subcontratan partes do ilícito, como o do branqueo de cartos
Entre bandas criminais aumenta o uso de criptomoedas para as operacións ilegais
Aínda hai máis branqueo de cartos en efectivo que en criptodivisas
Aumenta o uso de criptomoedas entre as organizacións criminais. É certo que as criptodivisas deixan rastro nos movementos e que pasalas a moeda de curso legal non resulta sinxelo, pero expertos en ciberseguridade están detectando que grupos de narcos, por exemplo, están elixindo este xeito de pagamento entre clans para actos ilícitos.
Expertos en ciberseguridade aseguran que hai máis fraude e branqueo de cartos en efectivo que en criptodivisas. As moedas dixitais deixan rastro e resulta complicado pasalas a cartos reais. Aínda así, cada vez máis, organizacións ilícitas, como os narcos, por exemplo, están aumentando o uso das criptomoedas.
As organizacións criminais non adoitan transferir grandes cantidades de criptomoedas a unha soa entidade. Usan as chamadas mulas, milleiros de contas dispostas a sacar os cartos de caixeiros. Tamén moitos dos pagos que agora se fan aos que colaboran co narcotráfico son en criptodivisas, xa non en efectivo.
Aumentan as operacións dixitais fraudulentas a grande escala, pero tamén hai que seguir moi atentos para evitar ser vítimas de enganos ou roubos a través do uso que facemos da tecnoloxía.
Expertos en seguridade reúnense na Estrada para falar do que, din, é o elefante no cuarto. O aumento do uso de criptodivisas en actos ilícitos.