Publicador de contidos

Publicador de contidos

As dúbidas de Inditex, por Venancio Salcines

OPINIÓN

As dúbidas de Inditex, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 12/06/2025 08:00

Inditex non cumpre expectativas. O primeiro trimestre deste ano superou, en beneficio, ao do ano pasado en soamente seis millóns de euros. Pódese dicir que, de facto, gañou o mesmo que hai un ano. E os mercados descontan futuro, se o ven mercan hoxe para vender mañá pero se non o ven, venden e invisten noutra empresa. Neste intre temos voces que advirten que a súa capacidade para medrar a forte ritmo está a esgotarse. Outros din que isto non é certo e que estes comentarios soamente queren buscar vendas, baixada da acción, para poder mercar mais barato. O certo é que parece que o segundo trimestre está a dar mellor resultado que o primeiro, así que ninguén descarta que a acción volva coller camiño de alzada. 

É evidente que, en todo caso, a evolución da compañía tivo tres lastres: a climatoloxía, que non animou as vendas; a apreciación do euro, que encareceu o produto, e un incremento dos custos operativos, que minguou o beneficio. Á marxe destes lastres, agora mesmo nos mercados existen dúbidas de se Inditex poderá medrar como nos tiña acostumados ou, polo contrario, nos atopamos ante un xigante que só será capaz de camiñar a paso lento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade