Galicia rexistra un récord histórico no primeiro semestre con case 3 millóns viaxeiros
O turismo internacional representa xa o 39,6% dos viaxeiros en Galicia, cun incremento do 5,5%

Galicia rexistrou un total de 2.967.407 viaxeiros no primeiro semestre de 2025, o que supón unha cifra récord neste período ao crecer un 4,5% en comparación co mesmo período de 2024. Supuxeron un total de 4.961.113 pernoitas, un 3,8% máis.
O peso de mercado internacional supuxo no primeiro semestre o 39,6% dos viaxeiros na comunidade, cunha alza do 5,5% respecto ao mesmo período de 2024.
Tras os datos coñecidos no Instituto Nacional de Estatística (INE), os viaxeiros en xuño foron 814.138 nos diferentes establecementos turísticos, o que se traduce nun 6,7% máis.
As pernoitas neste mes superaron os 1,4 millóns, cunha repunta do 7%. Precisamente, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron o Gran Talaso Hotel Sanxenxo, onde valoraron estes datos e fixeron entrega do selo de marca de garantía da Xunta de Galicia.
"Este escenario avala a aposta de promoción do que estamos a facer desde o Goberno galego en distintos mercados estranxeiros", afirma Merelles.