Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adolfo Domínguez reduce as súas perdas un 6,6 % no primeiro trimestre

Adolfo Domínguez reduce as súas perdas un 6,6 % no primeiro trimestre

Adriana Domínguez foi reelixida presidenta da marca na Xunta Xeral de Accionistas

Con este ano, son xa tres en que aumenta o beneficio neto de maneira consecutiva

Xunta Xeral de Accionistas de Adolfo Domínguez Xunta Xeral de Accionistas de Adolfo Domínguez
G24.gal 31/07/2025 10:18

Adolfo Domínguez reduce un 6,6 % as súas perdas no primeiro trimestre. A marca viña de rexistrar uns números vermellos de 1,75 millóns de euros dende maio de 2025. No exercicio precedente as perdas foron de 1,87 millóns.

A marca de moda mantivo estables as súas vendas entre marzo e maio deste ano, alcanzou os 24,07 millóns de euros en liña grazas ao proceso de optimización de rede e mellora de eficiencia comercial.

Adriana Domínguez, reelixida presidenta 

A Xunta Xeral ordinaria de Adolfo Domínguez rematou con Adriana Domínguez como presidenta do Consello de Administración e conselleira delegada da compañía de novo.

Ademais, os accionistas aprobaron a incorporación de Álvaro Alonso como novo conselleiro independente da sociedade. Con el, o consello confórmano nun 57 % conselleiros independentes.

Alonso é director xeneral para o Leste de Europa de Beiersdorf, firma que xestiona Nive, LaPrairie ou Eucerin, e conta con 20 anos de experiencia no sector e en firmas como o grupo Farlabo.

Por outro lado, tamén se aprobou a reelección de José Luis Sainz como vicepresidente do consello e Rafael Prieto foi nomeado conselleiro coordinador. 

Prieto, xunto con Diana Morato, tamén foi reelixido como conselleiro independente nun prazo de catro anos.

No caso de ForvisMarzs, foi reelixido como auditor das contas de Adolfo Domínguez e do seu grupo para o actual exercicio.

A presidenta da marca Adriana Domínguez destacou o conseguido pola marca nestes últimos anos e sinalou a baixada das perdas nestes últimos exercicios.

"Agora traballamos para facer unha empresa máis rendible, máis internacionalizada e menos dependente do mercado español. En 2019 tiñamos o 36 % das nosas vendas fóra de España, hoxe estamos en case o 43 %", destacou Domínguez.

Pola súa banda, o director corporativo financeiro de Adolfo Domínguez, Rubén Martín, asegura que traballan para seguir conectando cos clientes nos diferentes mercados para que creza a rendibilidade da marca, que é a prioridade.

Tres anos aumentando o beneficio

Adolfo Domínguez rexistrou un beneficio neto de 900.000 euros no seu último exercicio fiscal, superando un 24,4 % a do ano anterior.

A facturación da compañía incrementouse un 7,8 %, chegando aos 136,5 millóns de euros. É a cifra máis alta na década.

As vendas de Adolfo Domínguez creceron en cada moeda local dos países nos que ten mercado, cun 9,4 % en Europa, un 9,5 % en México, un 2,4 % en Xapón e un 12,1 % nos outros países nos que opera.

Europa segue sendo o mercado principal, con España e Portugal na cabeza. A súa facturación nestes países foi dun 8 % e un 24 % respectivamente.

No último ano, a marca impulsouse abrindo 25 novas tendas, case a metade en Europa, pero o negocio en liña tamén se incrementou un 25,4 %.

A firma impulsou a súa expansión o pasado ano coa apertura de 25 novas tendas no seu último ano fiscal, o 43 % delas en Europa.

Así, o eccomerce da marca exténdese a 31 países. Está dispoñible na súa tenda en liña e en marketplaces coma Zalando, Galleries Lafayette ou Palacio de Hierro.

Ademais, nos últimos dous anos, os novos clientes da marca entre 25 e 34 anos multiplicáronse por cinco, mentres que os menores de 24 anos se duplicaron, aumentando o número de consumidores mozos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade