Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e Fundación Adolfo Domínguez alíanse para recuperar o cultivo do liño en Galicia

Xunta e Fundación Adolfo Domínguez alíanse para recuperar o cultivo do liño en Galicia

As importacións de liño en España para as empresas téxtiles aumentaron máis dun 51 % en catro anos, tamén o seu prezo

As medidas desta inciativa inclúen a multiplicación da semente do liño, a caracterización agronómica e xenética das variedades e a validación industrial da fibra, en colaboración co sector téxtil galego

Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Medio Rural e a presidenta da Fundación Adolfo Domínguez, este mércores en Bergondo
G24.gal 17/06/2026 16:16

Galicia proponse recuperar o liño, un cultivo que foi tradicional durante séculos pero que estivo a piques da extinción nas últimas décadas. A Xunta e a Fundación Adolfo Domínguez alíanse para poñer en marcha un proxecto que busca impulsar unha industria do liño na comunidade galega.

As importacións de liño en España para as empresas téxtiles aumentaron máis dun 51 % en catro anos, tamén o seu prezo. A resposta a esa demanda: recuperar o cultivo en Galicia.

A presidenta da Fundación Adolfo Domínguez explicou este mércores no Centro de  Formación Agroforestal de Guísamo (Bergondo), onde se presentou a Inciativa Galega polo liño, que hai moi demanda deste tecido de alta calidade e que Galicia podería converterse nun referente desta industria como é Flandes.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e Adriana Domínguez asinaron un convenio de colaboración, cunha dotación inicial de 900 mil euros, que ten como obxectivo recuperar o cultivo deste producto en Galicia e impulsar unha industria baseada nas fibras naturais.

Rueda destacou a vertente económica desta iniciativa para o rural, e tamén para indentidade de Galicia.

"Poucos exemplos da marca Galicia Calidade como este proxecto para producir roupa de calidade, con liño de calidade e con selo galego", afirmou o presidente da Xunta.

 "O prezo do liño non para de subrir", expuxo Adriana Domínguez, que engadiu que hai demanda por parte de industrias. Por iso, o obxectivo do proxecto é aproveitar as vantaxes que ofrece Galicia a nivel climático xerando unha industria de tranformación próxima ao cultivo para ser, no futuro, unha potencia mundial neste ámbito.

"Detrás hai moita potencia", afirmou Rueda en relación á iniciativa para subliñar, ademais, que o convenio subscribido supón máis de 800.000 euros, do que parte achégaos tamén a Fundación Adolfo Domínguez.

As medidas desta iniciativa inclúen a multiplicación da semente do liño, a caracterización agronómica e xenética das variedades e a validación industrial da fibra, en colaboración co sector téxtil galego.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e os centros de formación Medio Rural en Guísamo, Sergude ou Monforte van crear campos de ensaio para obter a semente que porán despois a disposición das plantacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade