Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta lanza a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para investigación

A Xunta lanza a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para investigación

Serán un total de  51 concursos 

G24.gal 30/07/2025 16:59 Última actualización 30/07/2025 19:59

O presidente da Xunta destaca o papel estratéxico da minería no desenvolvemento económico do país.

Alfonso Rueda visitou este mércores Carballeda de Valdeorras, que está a punto de ser declarado o primeiro concello mineiro de Galicia.

Alfonso Rueda reuniuse co Clúster da Lousa e visitou a mina A Fraguiña en Carballeda de Valdeorras (Ourense), a maior explotación subterránea de lousa do mundo.

Alí destacou que a minería galega representa o 1 % do PIB e achega case o 10 % da produción mineira estatal, reafirmando o compromiso da Xunta cun aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

 O sector da lousa xera 2.000 empregos directos nas 25 explotacións que hai en Carballeda de Valdeorras, que vai ser declarado primeiro concello mineiro de Galicia, o que lle dará unha puntuación superior nas convocatorias públicas.

Aquí está A Fraguiña, a maior mina de lousa subterránea do mundo, un exemplo da mineríba que quere impulsar a Xunta, di Alfonso Rueda, que é a que combine rendemento económico e protección ambiental.

Galicia concentra o 9,5% da producciòn mineira de España. A Xunta acaba de lanzar a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para investigación, con 51 concursos —dez deles na provincia de Ourense— e prevé celebrar proximamente a primeira reunión do Consello da Minaría de Galicia, unha nova ferramenta de diálogo co sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar