Novas

Finaliza a primeiro episodio de calor do verán
30/06/2025 22:07

A Xustiza de Estados Unidos ordena a Arxentina a entregar o 51% de YPF a dous fondos
30/06/2025 21:38
Os títulos usaranse como parte de pago da sentenza por 16.000 millóns de dólares pola estatización da petroleira en 2012

A primeira xornada do cumio da ONU en Sevilla deixou un consenso sen os EUA
30/06/2025 21:21
Na inauguración, o rei pediu aumentar o financiamento en cooperación e saír da conferencia cun plan baseado "no concreto, no tanxible e no realizable"
Para pechar o luns, unha cea no Palacio de Dueñas ofrecida polo presidente do Goberno
Sánchez anuncia a apertura en Madrid da Casa de Nacións Unidas

Alfon despídese do Celta con palabras de agradecemento para Claudio Giráldez
30/06/2025 21:05
O manchego é un dos que acaban contrato no club vigués e xa ten asinado no Sevilla
.png)
A onda de calor deixa temperaturas superiores aos 40 graos en varios puntos de Galicia
30/06/2025 20:49
A temperatura récord rexistrouse no concello ourensán de Leiro cando os seus termómetros chegaron aos 41.8 graos
Para este martes espéranse máximas de máis de 36 graos na zona sur de Ourense, así como na zona noroeste da provincia e no sur de Lugo

Hoteis para cans e para gatos xa empezan a encherse
30/06/2025 20:44
Moitos non poden levar a mascota de vacacións ou de viaxe e déixana nestes centros

Feridos tres axentes da Policía Nacional durante unha intervención por un roubo na Coruña
30/06/2025 20:23
O home levaba dúas armas brancas e atacou os policías cando tentaron reducilo

As brétemas serán máis mestas pola mañá
30/06/2025 20:00

Unha paciente agride a unha médico de Urxencias no Hospital de Ourense
30/06/2025 19:39
A médico sufriu "lesións e hematomas" por parte dunha paciente que se negou a respectar a súa quenda e esixiu ser atendida inmediatamente

Alcaraz gaña con moito sufrimento a Fognini no inicio da defensa de Wimbledon
30/06/2025 19:20
O italiano levou ao límite o tenista español que tivo que empregar cinco sets para lograr a vitoria

O BBVA mantén a súa opa sobre o Sabadell malia as condicións do Goberno
30/06/2025 18:50
A entidade quere que os accionistas do Sabadell decidan canto antes o seu futuro
O Executivo esixe manter ambas as entidades separadas polo menos durante tres anos

Investigan a seis persoas por presuntos roubos con forza levados a cabo con camións-guindastre
30/06/2025 18:09
Trátase de seis homes, todos con antecedentes penais, que teñen entre os 39 e os 48 anos e son veciños das localidades de Lugo, Ponferrada, e A Coruña

A Comisión Europea comprométese a defender os intereses dos países membros ante os EUA
30/06/2025 17:29
Bruxelas negocia con Washington para evitar novos aranceis antes do 9 de xullo
A Comisión Europea comprométese a defender a España fronte ás ameazas comerciais de Trump

Xuño acaba con altas temperaturas e con risco de trebóns
30/06/2025 16:40

Desarticulan un grupo dedicado a estafar anciáns, cun detido e varios investigados
30/06/2025 16:34
Primeiro seleccionaban os domicilios que ían visitar e ofrecíanlles diversos agasallos para gañarse a súa confianza e venderlles os produtos
As pescudas iniciáronse en febreiro ao entrar unha denuncia dunha persoa maior residente en Baiona

Cuca Gamarra deixará a secretaría xeral do PP no congreso desta fin de semana
30/06/2025 15:48
Feijóo renovará a dirección do partido, pero manterá Gamarra no seu núcleo duro
A exnúmero dous podería asumir competencias en Xustiza na nova etapa

Salvan unha persoa que se atragoara coa tapa dun bar en Carnota
30/06/2025 15:35
O home tiña 75 anos e era veciño da parroquia de Lariño
Atragoou cunha tapa de solombo que lle puxeran coa consumición
Trasladárono en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago

A Azucreira amplía a súa capacidade para a próxima edición do Festival PortAmérica
30/06/2025 15:00
Cada unha das tres xornadas, do 3 ao 5 de xullo, agardan 20.000 persoas no recinto de Portas
Melendi, Mikel Izal, Ca7riel&Paco Amoroso ou Los trigres del norte están entre os 30 artistas do cartel
No apartado gastonómico suma este ano máis de 30 chefs con 18 estrelas Michelín

En liberdade o agresor dun operario da limpeza de Ferrol, que está grave
30/06/2025 14:48
O agresor deulle un golpe na mandíbula tan forte que o derrubou, golpeando a cabeza no chan
Foi un ataque ao chou, cando a vítima baixou do camión axudar os compañeiros

A RFEF define as datas de inicio de todas as competicións para a 25-26
30/06/2025 14:22
No tocante á Copa do Rei destacan a disputa da rolda previa a dous partidos e a presenza de criterios xeográficos nas dúas primeiras eliminatorias
Tamén se anunciaron variacións que afectan á Copa Federación e ao fútbol feminino

Vigo é a cidade máis educada de España, segundo o estudo dunha empresa británica
30/06/2025 14:15
Os seus cidadáns destacan por saudar sempre e por respectar os espazos e as normas de convivencia
A Coruña, Arteixo e Oleiros tamén ocupan as primeiras posicións do estudo

A CIUG ultima as actualizacións das puntuacións e iniciará os chamamentos o día 8 de xullo
30/06/2025 14:06
Piden calma ante a inquedanza dos aspirantes que aínda teñen as notas sen actualizar: estará todo en orde antes de iniciar os chamamentos

O traxecto Intercity Lugo-Ourense farase por estrada dende este martes polas obras
30/06/2025 13:57
As obras da estación de Lugo impiden a correcta prestación do servizo
Renfe ofrece a alternativa e comunica que as obras poden afectar os traxectos puntualmente

A Xunta solicita ao Goberno central a transferencia da xestión dos permisos de traballo
30/06/2025 13:53
O Consello da Xunta acordou pedir a cesión desta competencia tras o informe favorable do Consello Consultivo

Sánchez di que actuaron con contundencia con Cerdán e que agora é o momento da xustiza
30/06/2025 13:48
Insistiu en que o PSOE actuou "de maneira contundente" desde o primeiro momento, asumíronse responsabilidades políticas, apartouse a Cerdán do partido e agora é á xustiza, recalcou, á que lle toca dirimir "exactamente cales son as responsabilidades no caso de Cerdán"
O PP di que Sánchez "debe abandonar inmediatamente" a Moncloa

Na Coruña adestran a medicina reumática nunha realidade virtual
30/06/2025 13:44
O CHUAC é pioneiro en España en empregar lentes de realidade virtual para afrontar as doenzas antes de que acontezan

O Mirandés confía o seu proxecto ao técnico ourensán Fran Justo
30/06/2025 13:34
A temporada pasada estivo á fronte do Alxeciras, no Grupo II da Primeira Federación

A policía busca o autor dunha agresión sexual a unha moza de 21 anos en Alcalá de Henares
30/06/2025 13:31
As cámaras de seguridade puideron captar o momento da agresión e a posterior fuxida do sospeitoso

As escolas infantís galegas unificarán calendario de matrícula a partir do curso 26/27
30/06/2025 13:27
A Xunta destina 47 millóns á gratuidade das escolas infantís de iniciativa social no próximo curso
O Consello da Xunta aproba o decreto para que os universitarios conten coa matrícula gratuíta

Investigan un gromo de salmonelose con 94 afectados nun festival de Oza-Cesuras
30/06/2025 13:16
Sanidade sinala que "fan pensar nunha orixe bacteriana" e engaden que se están investigando os posibles alimentos que causaron o gromo e os establecementos implicados

Jessica Bouzas tentará superar a barreira da terceira rolda en Wimbledon
30/06/2025 13:05
En tres dos últimos catro Grand Slams conseguiu superar as dúas primeiras roldas
O ano pasado adaptouse moi ben á herba de Wimbledon gañándolle a Voudrousova e Bucsa

O alumnado aproveita o último día antes de presentarse á convocatoria extraordinaria da PAU
30/06/2025 12:58
A esta proba selectiva preséntanse os estudantes que non puideron concorrer en xuño ou que tratan de subir nota

Dous detidos por un intento de roubo nun banco en Santiago
30/06/2025 12:35
Os ladróns entraron por un burato feito a través do portal do edificio lindeiro, no barrio de Conxo
No momento en que chegou o director da sucursal fuxiron porque chegaba acompañado dun empregado

O rei Xoán Carlos publicará as súas memorias a finais de ano: "Sinto que me rouban a miña historia"
30/06/2025 12:28
Segundo a editorial, é un escrito rico en anécdotas con episodios significativos da historia recente e detalles da súa vida persoal

O Celta comeza o traballo de pretemporada centrado na operación saída
30/06/2025 12:05
Radu e Jutglá son as dúas novidades no cadro de xogadores
A dirección deportiva traballa arreo para atoparlle saída a xogadores como Unai Núñez, Aidoo, Carles Pérez ou Dotor

A DXT prevé 405.000 viaxes en Galicia esta fin de semana, na primeira operación saída
30/06/2025 11:59
Tráfico invita a todos os usuarios da rede viaria a "non esquecer a prudencia e levala tamén de vacacións"

O TSX de Estremadura non recoñece o aforamento de Gallardo e di que "é unha fraude de lei"
30/06/2025 11:55
O TSXEs considera que o líder dos socialistas estremeños adquiriu a condición de deputado autonómico para eludir a competencia do xulgado de instrución e da Audiencia provincial

Carrera, Ginzo e Araújo, protagonistas da prata europea no Eurobasket
30/06/2025 11:47
Raquel Carrera sobresae, sendo a xogadora da selección que máis puntos anotou no torneo

Xuíces e fiscais comezarán unha folga de tres días contra as reformas do Goberno este martes
30/06/2025 10:52
A folga comeza mañá, e as asociacións responsables tomaron as medidas necesarias para garantir a atención aos cidadáns
O CXPX considera a folga ilexítima por non ter base legal

O rexistro de alugueiro de curta duración é obrigatorio a partir deste martes
30/06/2025 10:48
Opera sobre o alugueiro turístico, de tempada ou de cuartos
Recibíronse 199.686 solicitudes, maioritariamente de alugueiro turístico, concentradas nas provincias de Málaga, Gran Canaria, Alacante, Baleares e Barcelona
Os aloxamentos precisan un código de rexistro que debe ser visible nas plataformas en que se anuncian