Carrera, Ginzo e Araújo, protagonistas da prata europea no Eurobasket
Raquel Carrera sobresae, sendo a xogadora da selección que máis puntos anotou no torneo
As de Miguel Méndez perderon no último suspiro cando tiñan o ouro na palma da man. Chegaron a estar a 17 segundos da vitoria, pero Antonia Delaere rouboulle a carteira a Mariana Ortiz tras unha falta de entendemento con Alba Torrens, rematando co soño da selección de levantar o seu quinto Eurobasket.
A mellor xogadora do partido e do torneo foi a belga Emma Meesseman, con 16 puntos, 11 rebotes e 7 asistencias. Impecable tamén foi a participación no torneo das galegas Raquel Carrera, Paula Ginzo e Maria Araújo, quen non disputou a final. Raquel anotou 10 puntos e foi a máxima anotadora do equipo, xogando unha media de 22 minutos e sumando 13 puntos, 4 rebotes e 1,5 asistencias de media. A outra ourensá, Paula, nos 16 minutos de media que disputou, achegou 6.7 puntos, conseguiu 1,7 rebotes e repartiu 1,2 asistencias de media por partido. E a viguesa Maria Araújo, que foi a que menos minutos recibiu das tres, conseguiu 3,6 puntos por partido, 2,8 rebotes e 0,8 asistencias.

En conxunto, o rendemento destas tres xogadoras galegas foi clave para que España chegase tan lonxe no torneo e loitase polo ouro ata o último segundo. A súa entrega e o seu compromiso son un reflexo do bo momento que está a vivir o baloncesto feminino galego.